Dark é unha serie de televisión alemá creada por Baran bo Odar e Jantje Friese. Está ambientada na vila ficticia de Winden, Alemaña, e conta as consecuencias da desaparición dun neno que expón os segredos e as conexións ocultas entre catro familias mentres desentrañan lentamente unha sinistra conspiración de viaxes no tempo que abrangue tres xeracións. A través da serie, Dark explora as implicacións existencias do tempo e os seus efectos na natureza humana.

É a primeira serie orixinal de Netflix en lingua alemá, e estreouse en streaming o 1 de decembro de 2017. A primeira tempada recibiu unha boa acollida da crítica e do público. Comparouse positiva e negativamente con outra serie feita por Netflix, Stranger Things. Netflix encargou unha segunda tempada, que se estreou o 21 de xuño de 2019 e conseguiu a aclamación da crítica. A serie continuou cunha terceira e derradeira tempada. A rodaxe comezou a finais de xuño de 2019.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2017 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2020 Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión en lingua alemá Categoría:Series de televisión de Alemaña