Na mitoloxía grega, Autónoe (en grego antigo Αὐτονόη) era unha princesa tebana, filla de Cadmo (o fundador de Tebas) e da deusa Harmonía.Hesíodo, Teogonía, 977Hixino, Fábulas, 179Smith (1867), p. 447
Traxectoria Tiña un irmán maior, Polidoro, e outras tres irmás maiores: Ino, Sémele e Agave.Gallardo López (1995), p. 284 Casou con Aristeu en Beocia e foi nai de Acteón.Psuedo-Apolodoro, Biblioteca mitolóxica, 3.4.2Hard (2008), p. 213 Quizais tamén o foi de Macris,Pausanias. Descrición de Grecia, X, 17, 3 mais Apolonio de Rodas só menciona a Aristeu como pai e Autónoe non é mencionada como nai.Apolonio de Rodas: Argonáuticas, IV 1131 Ao morrer seu fillo Acteón, como consecuencia do episodio mitolóxico con Ártemis, deixou Tebas para sempre e marchou a Erenea (Mégara) onde en época histórica, aínda, se podía ver a súa tumba.Hard (2008), p. 395
Episodio da morte de Acteón No Himno V de Calímaco, recóllese a versión máis clásica da morte de Acteón da man de Ártemis por vela espida que despois foi cuberta de detalles por Ovidio na súa obra Metamorfoses.Hard (2008), p. 393
Este era un rapaz que gustaba da caza e, nunha ocasión que estaba no monte Citerión cos seus cincuenta cans de caza, no sur de Beocia, buscando a sombra, adentrouse nunha arboreda nun val que estaba consagrado a Artemis. no interior do val, nunha fonte, estaba tamén a deusa bañándose, coas súas ninfas. A deusa enfadada, celosa da súa virxinidade, botoulle auga na cara afirmando que se poidese, seguro que, diría que a vira espida. De súpeto, na zona da cabeza onde lle tocara a auga, empezaron a asomarlle cornas e, paseniñamente, se converteu nun veado. Malia a transformación, era consciente do que estaba a piques de suceder cando os seus cans se botaron a el e o mataron.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Mulleres na mitoloxía grega