Millie Bobby Brown, nada en Marbella o 19 de febreiro de 2004, é unha actriz e modelo británica. Comezou a súa carreira na actuación cando se mudou a Orlando (Florida) en 2011. Actuou na serie da BBC Intruders e apareceu en diversas series de televisión, incluíndo Once Upon a Time in Wonderland, NCIS, Modern Family e Grey's Anatomy. Saltou á fama polo seu papel de Eleven na serie Stranger Things de Netflix, polo que foi nomeada, á idade de 13 anos, nos Premios Emmy a mellor actriz secundaria nunha serie. Así mesmo, foi nomeada polo Sindicato de Actores de Cine ó premio para a mellor interpretación feminina nunha serie dramática, e gañou, xunto co resto do elenco, o galardón á mellor interpretación de elenco dunha serie dramática en 2017.

Vida persoal Brown reside entre Londres e Atlanta, Xeorxia. Declarou que é seareira do Liverpool F.C., como o seu irmán e o seu pai.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados en Marbella Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Modelos femininas de Inglaterra