John Millington Synge, nado en Rathfarnham o 16 de abril de 1871 e finado en Dublín o 24 de marzo de 1909, foi un dramaturgo, poeta, prosista e recompilador de folclore irlandés. É unha figura clave no renacemento literario irlandés e un dos fundadores do Abbey Theatre. É coñecido sobre todo pola súa obra The Playboy of the Western World, que causou disturbios en Dublín durante a súa estrea no Abbey Theatre.
Aínda que proviña dun ambiente de clase media protestante, os escritos de Synge refírense principalmente ao mundo dos campesiños católicos da Irlanda rural e co que el consideraba o paganismo esencial do seu punto de vista sobre o mundo.
Synge padeceu a enfermidade de Hodgkin, unha forma de cancro daquela intratable. Faleceu poucas semanas antes do seu 38.º aniversario.
Legado As obras de Synge axudaron a establecer o estilo do Abbey durante as seguintes catro décadas. O estilizado realismo da súa escritura reflectíase no sistema de interpretación ensinado na escola do teatro, e as obras sobre a vida campesiña foron o principal ingrediente do repertorio ata finais da década de 1950. Sean O'Casey, o seguinte dramaturgo principal que escribiu para o Abbey, coñecía ben a obra de Synge e intentou facer coas clases traballadoras dublinesas o que o seu predecesor fixera cos pobres das zonas rurais.
A crítica Vivian Mercier atopouse entre os primeiros que recoñeceron a débeda de Samuel Beckett con Synge. Beckett era un membro regular do público que acudía ao Abbey na súa mocidade e admirou en particular as obras de Yeats, Synge e O'Casey. Mercier sinala paralelismos entre as figuras de Synge de vagabundos, mendigos e campesiños, e moitas das personaxes das novelas e obras dramáticas de Beckett.
A casa de Synge nas illas Árann foi restaurada para convertela en atracción turística. Cada verán dende 1991 celébrase anualmente no lugar de Rathdrum (Wicklow), unha "Escola de Verán Synge".
Obra In the Shadow of the Glen, 1903 Riders to the Sea, 1904. Adaptada ao galego como Xinetes para o mar por Antón Villar Ponte.Unha tradución galega inconclusa da peza "Riders to the Sea" do escritor irlandés John M. Synge The Well of the Saints, 1905 The Aran Islands, 1907 The Playboy of the Western World, 1907. Adaptada ao galego como O mozo que chegou de lonxe (A cantiga de Cristobo Alveiros) por Alberto Avendaño.O mozo que chegou de lonxe O casamento do latoeiro (The Tinker's Wedding), 1908. Traducida ao galego por Ramón de Valenzuela.Ha muerto el escritor gallego Ramón de Valenzuela Poems and Translations, 1909 Deirdre of the Sorrows 1910 In Wicklow and West Kerry, 1912 Collected Works of John Millington Synge 4 volumes, 1962–1968 Volume 1 Poems, 1962 Volume 2 Prose, 1966 Volumes 3 e 4 Plays, 1968
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Greene, David H. & Stephens, Edward M. "J.M. Synge 1871-1909" (The MacMillan Company, Nova York 1959) Igoe, Vivien. A Literary Guide to Dublin. (Methuen, 1994) ISBN 0-413-69120-9 Kiely, David M. John Millington Synge: A Biography (Nova York, St. Martin's Press, 1994) ISBN 0-312-13526-2 McCormack, W. J. Fool of the Family: A Life of J. M. Synge (New York University Press, 2001) ISBN 0-8147-5652-2 Mercier, Vivian, Beckett/Beckett (OUP 1977) ISBN 0-19-281269-6 Ryan, Philip B. The Lost Theatres of Dublin. (The Badger Press, 1998) ISBN 0-9526076-1-1 Synge, J.M.. The Complete Plays. 1st. Nova York: Vintage Books, 1935. Synge, J.M.; "The Aran Islands" editada cunha introdución de Tim Robinson (Penguin 1992) ISBN 0-14-018432-5
Ligazóns externas Synge na Biblioteca Irlandesa Princesa Gracia
Categoría:Escritores de Irlanda Categoría:Nados no condado de Dublín Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1909 Categoría:Escritores en lingua inglesa