Fårö é unha illa do mar Báltico xusto ao norte de Gotland, no sueste de Suecia. É a segunda illa máis grande da provincia e é un popular destino turístico en verán. Ten o seu propio dialecto, o faroymal, que á súa vez é dialecto do gutnish. Antigamente foi unha parroquia (socken) que incluía á illa de Gotska Sandön. O 1 de xaneiro de 2016 foi reconstituída na área administrativa do distrito de Fårö.
Etimoloxía O nome "Fårö" (en gutnish "Faroy") deriva das palabras "ö", que significa illa, e probablemente "far-", unha palabra asociada coa viaxe, como no verbo sueco "fara" (viaxar). A palabra Fårö probablemnete significa a illa á que tes que viaxar ou a illa dos viaxeiros. Os suecos do continente adoitan a malinterpretar o nome ao pensar que deriva de får, a palabra estándar do sueco para ovella, debido á gran cantidade destes animais que hai na illa. Esa palabra non existe no gutnish moderno, que usa o termo "lamm", que en sueco é cordeiro.
Xeografía A illa está separada de Gotland polo pequeno estreito de Fårö, e conéctase a ela con ferris gratuítos operados por Trafikverket (Administración Sueca de Transporte). Ten unha superficie total de 111,35 metros cadrados, dos cales 9,7 son áreas de auga ou illotes.
Nas illas de Fårö e Gotland hai formacións rochosas chamadas "Rauk" que son resultado da erosión durante a Idade de Xeo e son únicas nestas illas. En Fårö son famosos os rauks de Langhammars, no norte da illa.
Patrimonio cinematográfico miniatura|250px|Bergmancenter O directo de cine sueco Ingmar Bergman viviu e morreu en Fårö e varias das súas películas filmáronse alí, entre elas Como nun espello (1961), Persona (1966), Vargtimmen (1968), Skammen (1968), Paixón (1969) e Scener ur ett äktenskap (1972). Tamén se rodou alí o filme de Liv Ullmann Trolösa (2000), baseado nun guión de Bergman. A Bergmanveckan (semana de Bergman) é un evento dunha semana de duración que se celebra para honrar o director cada ano no mes de xuño. Ademais existe na illa o Bergmancenter, un centro cultural dedicado á vida e á obra do director. Bergman está enterrado no cemiterio da igrexa de Fårö, a 500 metros do Bergmancenter.
Notas
Categoría:Illas de Suecia Categoría:Condado de Gotland