Justo José González Ballesta, nado en Lugo o 9 de outubro de 1951 e finado en Vigo o 21 de setembro de 2026, foi un médico e político galego do PPdeG.

Traxectoria Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e especializado en Medicina de Empresa, Familiar e Comunitaria e Xestión e Administración Sanitaria. Foi elixido concelleiro de Mos por AP nas municipais de 1983 e nomeado primeiro tenente de alcalde. Trala morte do alcalde Olegario Rodríguez Pérez en outubro de 1986 foi elixido novo rexedor. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular e foi elixido alcalde por maioría simple e posteriormente estableceu un pacto de goberno co PNG de Ramón Alonso Fernández. Nese mandato foi designado deputado provincial. Porén, trala ruptura do acordo de goberno foi despoxado da alcaldía en maio de 1989 mediante unha moción de censura encabezada por Ramón Alonso. Este remataría por achegarse de novo ós populares e nas municipais de 1991 foi o número 2 da candidatura do PPdeG encabezada por Ballesta, o cal recuperou a alcaldía con maioría absoluta. En 1995 revalidou a alcaldía, de novo con maioría absoluta. Era o home de Xosé Cuíña na zona.La alcaldía de Mos ultima la querella contra un edil por asuntos urbanísticos

Foi director provincial do Sergas en Pontevedra de 1991 a 1993, e delegado da Consellería de Política Territorial entre 1993 e 1995. Foi secretario provincial de Organización e secretario xeral do PPdeG da provincia de Pontevedra entre 1990 e 1999. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas eleccións autonómicas de 1997, polo cal renunciou á alcaldía no mes de setembro. Foi presidente do Club Náutico de Vigo en 2016.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Mos

Ligazóns externas Biografía

Categoría:Médicos de Lugo Categoría:Alcaldes de Mos Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1951 Categoría:Finados en 2026

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes

Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia