Pascual Zaera Rojo, nado o 9 de xuño de 1901 e finado en Ferrol o 3 de marzo de 1956,La Noche, 7-3-1956, p. 7. foi un mestre e político galego.

Traxectoria Fillo de Pascual Zaera Taboada. Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Foi mestre de Carantoña. En 1931 presidía a Sociedad Agraria Republicana de Castro, Leiro y Carantoña e foi membro do comité organizador do Partido Agrario Radical Gallego. No franquismo afiliouse a FET y de las JONS e foi xefe local do Movimiento de Miño. Foi cesado como xefe local en xaneiro de 1942.La Voz de Galicia, 16-1-1942 É autor da obra teatral La estrella de Perico.La Noche, 20-4-1955, p. 5.. Morreu en Ferrol con 54 anos.

Notas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Finados en 1956 Categoría:Nados en 1901