XMM-Newton, coñecido inicialmente só como XMM (acrónimo de X-ray Multi-Mirror, é un observatorio espacial da ESA lanzado o 10 de decembro de 1999 mediante un foguete Ariane 5G desde o Centro Espacial de Kourou.

Características XMM-Newton é un observatorio espacial en raios X que leva tres telescopios a bordo, cada un composto por 58 espellos concéntricos de alta precisión feitos de níquel e recubertos de ouro para proporcionar a maior superficie posible de recolección (un total de 120 m2). O observatorio está composto por tres seccións:

O tubo do telescopio, de 7 m de longo. Un módulo de servizo no extremo anterior que tamén conta coas aberturas aos espellos. O módulo posterior, co plano focal e contendo as cámaras e os detectores para os raios X.

A nave estabilízase nos tres eixos e a alimentación eléctrica é proporcionada por dous paneis solares que en total dan unha envergadura ao observatorio de 16 m. O sistema de control de posición do observatorio permite seguir obxectivos cunha precisión de 0,025 segundos de arco durante un intervalo de dez segundos. XMM-Newton tamén leva a bordo un monitor óptico, un telescopio de 30 cm de apetura no rango visible e no ultravioleta para observar nesas bandas a mesma zona do ceo que é observada en raios X. As enerxías observables por XMM-Newton vande 0,1 a 10 keV cunha resolución espacial de ata 30 segundos de arco.

Instrumentos científicos XMM-Newton leva os seguintes instrumentos a bordo:

Tres cámaras EPIC (European Photon Imaging Cameras). Dous espectrómetros de reflexión rasante (RGS). Un monitor óptico, aliñado co telescopio principal de raios X. Sistema de Monitorización de Radiación EPIC (ERMS).

Datos e consecuencias Os datos recollidos sobre o movemento e luminosidade en clústeres de galaxias afastados en diferentes direccións fan pensar que o universo pode non ser isótropo, expandíndose de xeito diferente en diferentes direccións.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Ariane 5G

Categoría:Satélites artificiais