Resistencia é unha novela de Rosa Aneiros, publicada en 2002 por Edicións Xerais de Galicia. (2016) "Do espazo e do tempo históricos en Resistencia de Rosa Aneiros”, en R. Hernández Arias, G. Rivera Rodríguez, S. Cuba López e D. Pérez Álvarez (Eds.): Nuevas perspectivas literarias y culturales (I CIJIELC). Vigo: MACC-ELICIN. ISBN 978-84-608-6759-3D

Trama A novela conta a historia de Portugal até a Revolución dos Caraveis, coa resistencia ante a ditadura de António de Oliveira Salazar. Nárrase seguindo a historia de dúas familias desafortunadas no amor, centrándose posteriormente en Dinís e Filipa. Eles son os grandes protagonistas, que non serían capaces de adiviñar as consecuencias do seu amor.

Dinís é fillo de Isaura e pai descoñecido, excepto para a súa nai (o pai é Antonio Gonçalves). Namórase de Filipa, filla de Rui Rodrigues e Inés. Pasan o verán véndose pero ela vive en Coímbra, polo que regresa en época escolar á súa cidade. A única persoa que sabe do seu amor é Leonor, a avoa de Filipa, que lle axuda a Dinís a escribir para enviarlle cartas á súa neta.

En 1963 chega a San Pedro de Moel a militancia política, e Dinís debe marchar a Mozambique a facer o servizo militar. Unha vez alí é consciente das inxustizas e abusos que sofren as persoas que non contan con recursos económicos. Resiste grazas a dous amigos (Miguel da Silva e Aaial) e ao amor que sente por Filipa. Cando regresa á súa casa non é o mesmo home que marchara, pois aféctalle psicoloxicamente a guerra. Mentres, Filipa licenciárase en avogacía pola Universidade de Coímbra.

Dinís únese ao movemento obreiro. Durante eses anos créase Avante!, revista clandestina do Partido Comunista Portugués. En 1968 Dinís e outros compañeiros da fabrica de vidro dos Irmaõs Stephen, da Marinha Grande, fracasan na súa tentativa revolucionaria. Caen presos, e son levados á Fortaleza de Peniche, onde se atopan illados do exterior. Filipa consegue ir ao cárcere coa axuda dunha muller pero isto pona en perigo e ten que marchar a Brasil co seu pai. Durante todo o tempo que Dinís pasa no cárcere, cinco anos, escríbelle cartas a Filipa que nunca chegaron ao seu destino.

Narración

Conta con 36 capítulos e un epílogo. Está escrito en terceira persoa e narrador omnisciente.

A novela está estruturada en tres grandes apartados: introdución, do capítulo 1 ao 7; nó, do capítulo 7 ao 31 e desenlace, do 31 ao capítulo 36. No primeiro apartado (1920-1959) introdúcese a localización espacial e a familia de Dinís. No nó (1959-1974) desenvólvese a historia de amor entre Dinís e Filipa, a guerra colonial, as revoltas obreiras e a etapa no cárcere en Peniche. No desenlace (1974-1994) cóntase o final das personaxes.

Personaxes Os principais personaxes son os seguintes: Isaura: a súa nai Remedios falece ao dar a luz. Traballa transportando peixe. É a nai de Dinís. Antonio Gonçalves: traballa na fábrica de vidro dos Irmãos Stephen. Suicídase. Dinís: é o fillo ilexítimo de Isaura e Antonio. Pesca rodabalos e véndeos para axudar economicamente, ademais vende pasteis que fai a señora Carme. Con 11 anos de idade entra a traballar na fábrica de vidro. Filipa: é a filla de Rui Rodrigues e Inés. Licénciase en avogacía na Universidade de Coímbra. Rui Rodrigues: fillo de Leonor e pai de Filipa. Crea un negocio trans-oceánico de azucre e café. Axuda á prosperidade da vila (San Pedro de Moel). Falece. Leonor: nai de Rui Rodrigues e avoa de Filipa. Falece en marzo de 1971. Antoninho Gonçalves: fillo lexítimo de Antonio e Ana Barbosa. Traballa na fábrica de vidro e coñece a Dinís en Mozambique. Ana Barbosa: esposa de Antonio Gonçalves, nai de Antoninho. Carme: coidou a Isaura de cativa e coida a Dinís mentres é un neno. Inés: esposa de Rui Rodrigues e nai de Filipa. Falece o 27 de marzo de 1968 por unha enfermidade. André: fillo de Carme. Miguel Da Silva: amigo e compañeiro de guerra de Dinís. Falece. Aaial: nena que sofre as consecuencias da guerra. Faise amiga de Dinís e Miguel da Silva. Caetano: pai de Antonio Gonçalves.

Espazos A historia desenvólvese en diversos espazos xeográficos, principalmente en Portugal pero tamén en Mozambique e o Brasil. Dentro de Portugal a acción desenvólvese en San Pedro de Moel (entre Coímbra e Lisboa), lugar de nacemento de Dinís e en Peniche, onde se atopa o cárcere na que o protagonista pasa cinco anos. En Coímbra vive e estuda Filipa. Sendo tamén un sitio moi relevante o chamado San Martinho do Porto, onde teñen o seu derradeiro contacto Dinís e mais Filipa.

Recoñecementos A obra acadou en 2003 o premio Arcebispo Xoán de San Clemente á mellor novela en lingua galega.

Traducións Foi traducida ao castelán no ano 2010 por Eva Carrión González, co título de Resistencia, publicada en Faktoria K de Libros, Col. Narrativa K e ao portugués en 2004 por Jorge Fallorca co título de Resistência, publicada en Dom Quixote.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Resistencia, na wed de Edicións Xerais. Resumen por capítulos de Resistencia de Rosa Aneiros.

Categoría:Novelas ambientadas en Portugal Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de 2002