O Aeroporto de Ålesund, Vigra é un aeroporto internacional que serve á cidade norueguesa de Ålesund. Está situado na illa de Vigra en Giske. No ano 2013 usaron o aeroporto un total de 1 077 209 pasaxeiros, sendo o décimo máis concorrido de Noruega.
O primeiro aeroporto que serviu a Ålesund foi o aeroporto de Ålesund, Sørneset, un aeródromo para hidroavións. Vigra venceu por pouco ao aeroporto de Aukra, Gossen como principal aeroporto para Møre og Romsdal e foi inaugurado o 7 de xuño de 1958. Orixinalmente contaba cunha pista de 1 600 metros e todos os voos regulares eran operados por Braathens SAFE. Agás rutas rexionais operadas por Widerøe entre 1971 e 1993, Braathens encargouse de todas as rutas ata o ano 1998. O primeiro voo internacional chegou en 1977 e en 1986 inaugurouse unha nova terminal.
Entre 1995 e 1998 o Escuadrón 330 tivo un destacamento en Vigra para os seus Westland Sea King de busca e rescate. Color Air e SAS comezaron a voar a Ålesund en 1998. Tras sufrir fortes perdas, SAS pechou Braathens e Color Air. Norwegian Air Shuttle chegou ao aeroporto despois diso, primeiro en 2004 e despois en 2008. A terminal ampliouse no ano 2007 e dende entón o aeroporto comezou a operar a varios destinos internacionais.
Aeroliñas e destinos
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Ålesund