Marco Terencio Varrón (en latín: Marcus Terentius Varro), nado en Rieti en -116 e finado en -27, foi un polígrafo, militar e funcionario romano, orixinario da orde ecuestre.

Traxectoria Lugartenente de Pompeio durante a guerra civil en -49, chegou a ser pretor. Obtido o perdón de Xulio César, foi nomeado por este director das primeiras bibliotecas públicas de Roma. Á morte de Xulio César, confiscáronlle os seus bens por orde de Marco Antonio, que o declarou fóra da lei, pero finalmente Octavio restituíullos. Abandonou entón por completo a carreira militar para dedicarse ao saber e á escritura.

Foi membro da gran burguesía conservadora. Foi un importante político, militar e literato. Destacou pola súa cultura e as súas obras literarias sobre a agricultura.

Obra miniatura|Edición de De re rustica, conservada na Biblioteca Medicea Laurenziana Amigo de Cicerón e discípulo de Lucio Elio Estilón está considerado un dos máis grandes anticuaristas romanos e escribiu, segundo as diferentes tradicións, entre 490 e 620 obras das que se coñecen os títulos de 55, aínda que só se conserva unha completa, De re rustica (Das cousas do campo) composta de tres libros e publicada en -37. Á parte de De lingua latina do resto só se conservan citas fragmentarias.

Un aspecto destacábel da obra é a anticipación da microbioloxía e a epidemioloxía. Varrón advertiu aos seus contemporáneos que evitasen os pantanos e as marismas, xa que en ditas áreas "hai unha raza de certas criaturas diminutas que non se poden ver polos ollos, pero que flotan no aire e entran ao corpo pola boca e o nariz e causan enfermidades graves".

De lingua latina Desta obra consérvanse parcialmente 6 dos 25 volumes que a compuñan orixinalmente.

Controversia entre anomalistas e analoxistas. Ensaio amplo do latín: etimoloxía, morfoloxía e sintaxe. Significado das palabras. A súa construción. Para Varrón, o home creou as palabras porque se atopa accións ou obxectos cotiáns que requiren que lles poña un nome. A partir destas palabras primitivas, vanse creando outras palabras posteriores (Varrón está a explicar, en definitiva, como se crea unha lingua). Desde un punto de vista actual, esta idea si que ten algo de fundamentación en relación coa adquisición da linguaxe. A Varrón débese a primeira distinción entre formación por flexión (morfoloxía flexiva) e formación por derivación (morfoloxía derivativa). Variación das palabras pola súa propia natureza. Variación obrigatoria, por exemplo, os morfemas de xénero e número (flexión). A variación por derivación non é obrigatoria. Ex: Casiña. Se non existe o morfema –iña, segue existindo a palabra casa. Clasificación das partes da oración segundo o criterio do caso e o tempo: PARTICIPIO (ten caso e tempo). VERBO (non ten caso pero si tempo). NOME (nesta categoría incluíase tamén o adxectivo, ten caso pero non tempo). ADVERBIO (non ten caso nin tempo).

Listaxe de obras

Completas

De lingua latina, libri XXV [Sobre a lingua latina, en 25 libros (consérvanse 6)]: referencia para os gramáticos latinos Rerum rusticarum libri III (Tópicos de Agricultura en tres libros): dirixidos á súa esposa Fundania: a arte do agricultor, as mandas, a economía rural

Perdidas

Saturarum Menippearum libri CL (Sátiras Menipeas en 150 libros): sátiras imitadas do filósofo cínico Menipeo de Sínope. Antiquitatum rerum humanarum et divinarum libri XLI: algunhas partes das Antigüidades serviron de referencia aos Pais da Igrexa cristiá en temas de relixión romana pagá. Logistoricon libri LXXVI. Hebdomades vel de imaginibus. Disciplinarum libri IX. De rebus urbanis libri III. De gente populi Romani libri IIII (cf. Agostiño, "De civitate dei" XXI. 8). De sua vita libri III. De familiis troianis. De Antiquitate Litterarum libri II (dedicado ao poeta tráxico Lucio Accio; é unha das súas obras máis antigas). De Origine Linguae Latinae libri III (dedicado a Pompeio; cf. Agostiño, "De civitate dei" XXII. 28). Περί Χαρακτήρων (sobre a formación de palabras). Quaestiones Plautinae libri V (con interpretacións de palabras raras das comedias de Plauto). De Similitudine Verborum libri III (sobre a regularidade en formas e palabras). De Utilitate Sermonis libri IIII (sobre o principio de anomalía ou irregularidade). De sermone latino libri V (?) (dedicado a un tal Marcelo),Several people called Marcellus lived during Varro's time. The identity of this one is unclear. sobre a ortografía e os metros da poesía). De philosophia (cf. Agostiño, '"De civitate dei" XIX, 1). Notas

Véxase tamén Bibliografía , Marco Terencio (1998). Obra completa. Madrid: Gredos.  

, Marco Terencio (1992). De las cosas del campo (De re rustica). ed. de Domingo Tirado Benedí (2ª edición). México, D. F.: Universidad Nacional Autónoma de México.    Cornell, T.J. (1999) . Los orígenes de Roma, c. 1000 - 264 a.C.: Italia y Roma de la Edad del Bronce a las guerras púnicas. Barcelona: Editorial Crítica S.L.   

Outros artigos Antiquitates rerum humanarum et divinarum

Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Nados no Lacio Categoría:Nados en -116 Categoría:Lingüistas Categoría:Finados en -27