Esther Benítez Eiroa, nada en Ferrol o 15 de abril de 1937 e finada en Madrid o 12 de maio de 2001, foi unha tradutora galega.
Traxectoria Traduciu ó castelán numerosos autores italianos e franceses, como Calvino, Pavese, Manzoni ou Maupassant, entre outros moitos. Traduciu tamén os libros da serie El pequeño Nicolás de Sempé e Goscinny.
En 1978 acadou o premio Fray Luis de León pola súa tradución de Nuestros antepasados, de Italo Calvino, e en 1992 recibiu o Premio Nacional á Obra dun Tradutor. Esther Benítez foi tamén un membro activo e combativo tanto da Asociación Colexial de Escritores de España como da súa sección de tradutores, ACE Tradutores. En 2006 ACE Tradutores creou o premio que leva o seu nome, destinado a premiar a mellor tradución (de calquera lingua a calquera lingua de España) publicada o ano anterior á resolución. O xurado está constituído por todos os membros da asociación.
Notas
Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Finados en 2001 Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Tradutores do francés Categoría:Tradutores do italiano Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes