A Compañía da Baía de Hudson (Hudson's Bay Company, en inglés ou HBC) é a máis antiga corporación comercial de América do Norte e unha das mais antigas do mundo aínda en actividade, actualmente ten a súa sede en Toronto. Fundouse en 1670 e controlou o comercio de peles nas colonias británicas de América do Norte por varios séculos.

A rexión onde actualmente se atopan as provincias canadenses de Alberta, Manitoba, Saskatchewan, Nunavut e os Territorios do Noroeste foron gobernadas pola Compañía da Baía de Hudson. Co declive do comercio de peles, a compañía cedeu os seus territorios ao Canadá, e pasou a ser vendedora de alimentos aos colonos do oeste do Canadá. Actualmente, a compañía é unha das maiores redes comerciais do país, con tendas por todo o país, que venden unha gran variedade de produtos.

Os ingresos estimados da compañía para 2005 son de 7 mil millóns de dólares canadenses. A sede da compañía encóntrase en Toronto, Ontario.

Goberno corporativo Os membros actuais da xunta directiva da Compañía da Baía de Hudson son: Jerry Zucker, gobernador (presidente) e CEO Peter C. Bourgeois Paul Campoli George Heller James A. Ingram Robert B. Johnston Michael P. Lowry Michael Rousseau Brice Sweatt Julian A. Tiedemann

Gobernadores Príncipe Rupert do Rhin (1670-1682) Príncipe James, Duque de York (1683-1685) John Churchill (1685-1692) Sir Stephen Evans (1692-1696) Sir William Trumbull (1696-1700) Sir Stephen Evans (1700-1712) Sir Bibye Lake, Sr. (1712-1743) Benjamin Pitt (1743-1746) Thomas Knapp (1746-1750) Sir Atwell Lake (1750-1760) Sir William Baker (1760-1770) Sir Bibye Lake, Jr. (1770-1782) Samuel Wegg (1782-1799) Sir James Winter Lake (1799-1807) William Mainwaring (1807-1812) Joseph Berens (1812-1822) Sir John Henry Pelly (1822-1852) Andrew Wedderburn Colvile (1852-1856) John Shepherd (1856-1858) Henry Hulse Berens (1858-1863) Sir Edmund Walker Head (1863-1868) John Wodehouse (1868-1869) Sir Stafford Henry Northcote (1869-1874) George Joachim Goschen (1874-1880) Eden Colvile (1880-1889) Donald Alexander Smith (1889-1914) Sir Thomas Skinner (1914-1915) Sir Robert Molesworth Kindersley (1916-1925) Charles Vincent Sale (1925-1931) Sir Patrick Ashley Cooper (1931-1952) William Keswick (1952-1965) Derick Heathcoat Amory (1965-1970) George T. Richardson (1970-1982) Donald S. McGiverin (1982-1994) David E. Mitchell (1994-1997) L. Yves Fortier (1997-2006) Jerry Zucker (2006-)

Categoría:Compañías privilexiadas Categoría:Historia do Canadá