O lidio foi unha lingua indoeuropeaMeriggi, Piero; Der indogermanische Character des Lydischen. Hirt Festschrift II, pp 285-290 (1936). do grupo anatolio falada en Lidia, antigo reino de Anatolia occidental. Utilizaba un alfabeto específico considerado de base gregaRodríguez Adrados, Francisco; Historia de la lengua griega p. 72.. O seu estudo é complicado, xa que só se atopou unha escasa serie de 64 inscricións (unhas poucas en verso) e grafitis datados entre os séculos -VI e -IV, a maioría nunha necrópole próxima a Sardes, ademais de lendas en diversas moedasLenguas Anatolias. Idioma lidio (Último acceso: 19-setembro-2008).Ricardo Accurso: Los lidios, cultura y lengua (Última consulta: 9-agosto-2010).. A pesar de todo, o idioma puido ser traducido en gran parte. Utilizado entre os séculos -VIII e -II, Estrabón escribiu que no s. -I xa apenas quedaban trazas residuais da súa existenciaBurak Sansal - All about Turquey; en inglés (Último acceso: 20-setembro-2008.. Consérvanse unha serie de textos bilingües da Antigüidade que axudaron en gran medida a descifralo.

Escritura Os lidios escribían cun sistema de escritura alfabético derivado do alfabeto grego, aínda que os símbolos gregos non significaban os mesmos sons que os lidiosEverson, Michael; Proposal to encode the Lycian and Lydian scripts in the SMP of the UCS (2006). Versión .pdf .. A maioría dos textos lidios conservados están escritos de dereita a esquerda, mentres que outros o están á inversa, polo que ambos os métodos deberon de ser válidos. Os textos posteriores mostran exclusivamente este último. O uso de palabras-divisores é variábel. Os máis de 100 textos de Lidia atópanse principalmente na antiga capital de Sardis. Inclúen decretos e epitafios, algúns das cales foron compostos en verso; a maioría foron escritos durante os séculos -V e -IV, aínda que algúns puideron ser creados xa no século -VIIhttp://www.britannica.com/EBchecked/topic/22939/Anatolian-languages/74580/Lydian.

Descrición lingüística

Fonoloxía O lidio valíase de 7 vogais que poden ser nasais (ã, ẽ) ou non nasalizadas (a, e, i, o, u) e de 13 consoantes, incluíndo consoantes palatalizadas

Gramática Había dous xéneros: común e neutro, e dous números: singular e plural. Todos os nomes comúns terminaban en s l 's, o cal é moi probabelmente herdanza hitita, do mesmo xeito que o acusativo común n / v. Sábese a existencia dos pronomes amu (eu), emi (meu), bi (el) e bili (seu), aínda que habería máis.

Morfoloxía Substantivos e adxectivos distinguen formas singulares e plurais e ocorren en dous xéneros, animado e inanimado. Só tres casos están ben testemuñados: nominativo, acusativo e dativo-locativo. Poida que haxa outros casos que permanecen descoñecidos debido á escaseza de material.

Sintaxe A orde das palabras básica é suxeito obxecto verbo, pero os constituíntes poden estar extrapostos á dereita do verbo. O lidio tiña polo menos unha posposición. Os modificadores do substantivo normalmente preceden ao substantivo.

Texto de mostra Unha inscrición en lidio e arameo, que estivo entre as primeiras das atopadas por investigadores estadounidenses a comezos do século XX, proporcionou un equivalente limitado da Pedra de Rosetta e permitiu unha primeira penetración do idioma. A primeira liña foi destruída, os oito restantes son:

[o]raλ islλ bakillλ est mrud eśśk [wãnaś] laqrisak qelak kudkit ist esλ wãn[aλ] bλtarwod akad manelid kumlilid silukalid akit n[ãqis] esλ mruλ buk esλ wãnaλ buk esνaν laqirisaν bukit kud ist esλ wãnaλ bλtarwo[d] aktin nãqis qelλk fẽnsλifid fakmλ artimuś ibśimsis artimuk kulumsis aaraλ biraλk kλidaλ kofuλk qiraλ qelλk bilλ wcbaqẽnt

Exemplos de palabras 21x21px21x21px21x21px - ora - mes

21x21px14x14px21x21px21x21px20x20px21x21px21x21px - laqrisa - muro

21x21px21x21px21x21px15x15px - - bira - casa

21x21px21x21px21x21px20x20px - qira - terra, chan, bens inmobles

Palabras lidias aínda en uso Unha palabra lidia que entrou na terminoloxía internacional moderna podería ser labrys, "dobre-machada'", unha palabra non grega non testemuñada aínda en inscrición lidia ningunha pero no tema de que Plutarco declara: «Os lidios chaman á machada labrys». Outro préstamo lidio agora usado internacionalmente podería ser tirano "gobernante mesquiño" , primeiro utilizado en fontes da Antiga Grecia, sen connotacións negativas, a finais do século -VIII / -VII. O rei Xixes de Lidia, fundador da dinastía mermnada. O nome derívase posibelmente da súa cidade natal, chamada Tyrrha na antigüidade clásica (actual Tire, Turquía).

Tamén outro é o elemento molibdeno, tomado do grego antigo , "chumbo", do grego micénico mo-ri-wo-do, presumibelmente un préstamo lingüístico do lido mariwda- "escuro".

Notas

Categoría:Linguas anatólicas Categoría:Linguas indoeuropeas Categoría:Linguas mortas de Asia Categoría:Linguas antigas