Twerps é unha banda australiana revivalista do xénero lo-fi e noise pop. Formada en Melbourne a banda lanzou o seu primeiro single ″Good Advice″ en 2009.
Traxectoria A banda retorna no 2011 cun álbum homónimo. O disco foi aclamado pola crítica, séndolle outorgado o cualificativo de ″mellor nova banda australiana″ pola publicación especializada Uncut, apoiados pola súa primeira xira nos Estados Unidos e con directos nos medios de prensa musical CMJ e SXSW. Twerps .
No 2014 trala súa participación no festival ″Laneway Festival″ publicaron o seu novo traballo ″Underlay EP″. Este foi un traballo auto-producido e o primeiro coa colaboración do batería Alex MacFarlane. No ano 2015 a banda publica o seu segundo disco ″Range Anxiety″ con Merge, ao tempo que a banda visita Europa cunha xira que incluiría o festival Primavera Sound.
Discografía Álbums de estudio
Álbum Ano Selo Twerps 2011 Chapter Music Range Anxiety 2015 Merge
EPs Underlay EP - 2014 (Auto-editado)
Véxase tamén Ligazóns externas Directo en KEXP
Notas
Categoría:Grupos musicais de Melbourne Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais formados en 2009