Bright é un filme estadounidense de 2017 dirixido por David Ayer e escrito por Max Landis. Está protagonizado por Will Smith, que interpreta un policía dos Ánxeles que ten por compañeiro un policía orco (Joel Edgerton). Está ambientado nun mundo actual habitado por humanos e criaturas míticas. No filme tamén aparecen Noomi Rapace, Lucy Fry, Édgar Ramírez e Ike Barinholtz.
A fotografía principal comezou en novembro de 2016 na cidade dos Ánxeles. Foi estreado internacionalmente por Netflix o 22 de decembro de 2017, converténdose nunha das producións da páxina máis vistas en liña, malia que recibiu valoracións negativas por parte da crítica.
Personaxes Will Smith como Daryl Ward Joel Edgerton como Nick Jakoby Noomi Rapace como Leilah Lucy Fry como Tikka Édgar Ramírez como Kandomere Ike Barinholtz como Pollard Happy Anderson como Hildebrandt Ulysses Montehugh Dawn Olivieri como Sherri Ward Matt Gerald como Hicks Margaret Cho como Ching Brad William Henke como Dorghu Jay Hernandez como Rodriguez Veronica Ngo como Tien Alex Meraz como Serafin Joseph Piccuirro como Brown Enrique Murciano como Poison Scarlet Spencer como Sophia Ward Andrea Navedo como Perez Kenneth Choi como Yamahara Bobby Naderi como Arkashian Cle Shaheed Sloan como OG Mike Chris Browning como Serling Joe Rogan como el mesmo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Ayer Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes sobre racismo Categoría:Filmes de Netflix