Antía Yáñez Rodríguez, nada en Burela o 9 de agosto de 1991, é unha escritora galega.
Traxectoria Estudou Secundaria e Bacharelato no IES Perdouro (Burela). Enxeñeira de camiños, reside en Cecebre (Cambre), onde xestiona unha academia e fai obradoiros literarios para rapaces.
En 2018 gañou o premio Illa Nova con SenlleirasAntía Yáñez, premio Illa Nova pola súa novela «Senlleiras». É a historia de dúas mulleres, Alana (moza pobre) e Alda (influencer), en tempos diferentes, comezos do século XX e comezos do século XXI, pero cun mesmo problema, o maltrato dos seus homes. Na obra hai diferentes narradores e intégranse textos xornalísticos, das redes sociais etc.
En 2020 entrou na directiva da AELG. En 2022 publicou Non penses nun elefante rosa, onde trata o tema da saúde mental, en particular o TOC.
Obras O misterio de Portomarín (2016). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-021-8, 240 p. Senlleiras (2018). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-190-8, 356 páxs. A reconquista (2018). A Coruña: Baía Edicións. 26 páxs. Ilustracións: Ana Pedreira. ISBN: 788499952970. O misterio do torque de Burela (2019). Vigo: Galaxia. 222 páxs. Ilustracións de Kristina Sabaite. ISBN 978-84-9151-355-1. Reeditado en 2025, Lectura fácil, con adaptación de Jesús Meiriño e ilustracións de Agustina Shuan, ISBN 978-84-1176-499-5. Be Water (2019). Arzúa: Cuarto de Inverno. 117 páxs. ISBN 978-84-09-15876-8. Xuvenil. Plan de rescate (2020). Vigo: Xerais, Col. Merlín. Ilustracións de Xiana Teimoy. 176 páxs. ISBN 978-84-9121-728-2. ePub: ISBN 978-84-9121-748-0. Forma parte da '2023 IBBY Selection of Outstanding Books for Young People with Disabilities' xunto a outros 39 títulos de 24 países e en 17 linguas diferentes. Non penses nun elefante rosa (2022). Vigo: Xerais. 424 páxs. ISBN 978-84-1110-069-4. ePub: ISBN 978-81-1110-065-9. Foi traducida ao castelán. O clan das barbies (2024). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-1110-607-8. ePub: ISBN 978-84-1110-601-6. Be Water II: Terra (2025). Arzúa: Cuarto de Inverno. 272 páxs. ISBN 979-13-990138-4-9. Xuvenil.
Infanto-xuvenil
A eiruga rabuda (2026). Vigo: Xerais. 56 páxs. ISBN 978-84-1110-828-7. ePub: ISBN 978-84-1110-838-6. Bragakadabra (2026). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-853-9.
Obras colectivas Entre donas (2020). A Coruña: Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia. Relato de Antía Yáñez: "Fillas", páxs. 177-197. A garza alucinada. Certame de narracións breves Manuel Murguía 2022-2024 (2025). Santiago de Compostela: Alvarellos Editora. 218 páxs. ISBN 978-84-18567-78-0. Relato de Antía Yáñez: "As regras", páxs. 145-171.
Premios Certame de Microrrelatos Lonxa Literaria, 2013. Certame de Relatos Curtos Os Viadutos, 2014. Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre en 2016. Certame de Relatos Curtos Os Viadutos, 2017. Premio de narrativa Illa Nova, 2018. I Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola Igualdade, 2018, ex aequo, por A reconquista. III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, por Plan de rescate, 2019. Premio dos Clubs de Lectura 2022 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. XIX do Premio de xornalismo Johán Carballeira en 2022 pola súa crónica "A saúde mental en Galicia, en bragas", un texto publicado na revista Luzes. XXXIII Edición do Certame Manuel Murguía de narracións breves 2024 por As regras. 2ª edición do certame As mulleres que opinan (2024), polo artigo As leis de Newton. XIX Premio Raíña Lupa, modalidade infantil (2025), por Bragakadabra.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública, 13-10-2018
Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública, 03-01-2020
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Burela Categoría:Nados en 1991 Categoría:Premio Illa Nova