A igrexa de Follingbo (sueco: Follingbo kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Follingbo, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura As partes máis antigas da igrexa de Follingbo son a nave e a torre. Estas datan de ao redor do ano 1200 e xuntas forman un pouco común conxunto moi logrado de arquitectura románica en Gotland. Aínda que carecen de esculturas ornamentais, a torre e a nave están ben proporcionadas e están executadas dun xeito moi profesional. O coro é posterior, de finais do século XIII, e de estilo gótico tamén pouco común para o seu tipo. O coro substituíu a outro anterior románico cunha ábsida. Porén, o presente ten un muro oriental recto, adornado cunha única fiestra de trazaría na cal se se conservan algúns paneis de vidreiras medievais. A sancristía foi construída entre os ano 1820 e 1821.

No seu interior a igrexa ten un teito pintado, decorado a finais do século XVII. A meirande parte do seu mobiliario é tamén dos séculos XVII e XVIII. Unha excepción é a pía bautismal, que é medieval.

A igrexa foi restaurada entre os ano 1955 e 1956.

Galería de imaxes

Notas

Follingbo