José Ruibal Argibay, nado en Xeve (Pontevedra) en 1925 e finado en Buendía (Cuenca) o 16 de febreiro de 1999, foi un dramaturgo galego, ideólogo da chamada "xeración simbolista" e activo no antifranquismo e a literatura do exilio.La Voz de Galicia, 17-2-1999, p. 3.

Traxectoria Fillo dun funcionario municipal de Pontevedra e da tamén pintora Yoya. É autor da primeira monografía sobre Laxeiro que se publicou en 1951 como o primeiro dos Cuadernos de Arte Gallego na Colección Benito Soto. Viviu no Uruguai durante os anos cincuenta, e parte da súa obra foi escrita na Arxentina e nos Estados Unidos, onde estivo exiliado durante os últimos anos da ditadura de Francisco Franco. Foi profesor da State University of New York e da Minnessota University, asesor artístico do Festival Calderón (Texas), impartiu seminarios sobre teatro en universidades alemás e foi profesor no Actor’s Studio de New York, que o nomeou membro de honra. Colaborou en periódicos de Madrid e Hispaoamérica con artigos de política internacional.

Pasou os cinco últimos anos de vida incapacitado para a actividade intelectual, primeiro nunha residencia de Nigrán e finalmente nun xeriátrico de Buendía (Cuenca), onde morreu. As súas cinzas foron esparexidas na ría de Vigo.

O seu teatro Comezou a súa carreira literaria nos anos cincuenta con Los mendigos (1957), onde presenta a miseria e a especulación política que a produce mediante procedementos de desrealización que fan aparecer aos poderes sociais protagonistas como figuras animais: o militar (Perro) o civil (Asno), o eclesiástico (Cuervo).

A súa obra máis importante é El hombre y la mosca, brillante sátira do franquismo, en forma de metáfora política; o espazo é unha cúpula onde permanecen encerrados o Ditador e o seu Dobre e chegou a ser estreado en 1983, cando a súa mensaxe perdera boa parte da súa vixencia.

Ruibal define o seu teatro como "verbo en movimiento" e, aínda que o seu ton crítico e de denuncia política é constante e ingrediente esencial do seu teatro, sempre os reviste dun carácter simbólico e alegórico que amplía o seu referente de evocación.

Obras

Publicou en 1950 o poemario El dios de los precipicios na Colección Benito Soto.

Entre as súas obras teatrais destacan:

La ciencia del birlibirloque, 1956. Los mendigos, 1957. El bacalao, 1960. El asno, 1962 (sobre a explotación colonialista). Su majestad la sota, 1966. El hombre y la mosca, 1968 (obra de simbolismo político). Los mutantes, 1968. El rabo, 1968. Los ojos, 1968. La secretaria, 1968. El padre, 1968. El superagente, 1968. El ascenso, 1968. El mono piadoso, 1969. El asno electrónico, 1969. La máquina de pedir, 1969. Currículum vitae, 1970. Teatro sobre teatro, 1975. Controles, 1976. El patio de Yocasta, 1987. Helena, 1989. Celestina, 1989. Otra vez los avestruces, 1991. Triquiñóns, 2025 (orixinal de 1956).

Vida persoal É irmán de Mercedes Ruibal e Ángeles Ruibal.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Javier Huerta, Emilio Peral, Héctor Urzaiz, Teatro español de la A a la Z. Madrid: Espasa, 2005, p. 626.

Ligazóns externas "José Ruibal estrena la sátira 'El hombre y la mosca'" (3/2/1983). El País . Páxina web de Ángeles Ruibal, irmá, en Internet Archive .

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes