Para outro significado da palabra "refrán", véxase a entrada "proverbio".

O refrán é un recurso poético consistente nun pequeno grupo de versos que se repiten nunha composición. Tradicionalmente atópase no principio da composición e repítese ao final de cada estrofa, aínda que os lugares onde aparece poden ser moi variables.

Na canción e na poesía actuais Actualmente coñécese tamén como refrán unha estrofa que se repite varias veces nunha composición, e mesmo a parte que se quere salientar do poema ou da letra dunha canción. O refrán é, xa que logo, unha forma de repetición, base do ritmo, que lle dá ligazón e unidade ao poema ou á canción.

Na lírica medieval Nas composicións medievais da lírica galego-portuguesa, o refrán é o verso ou o conxunto de versos que se repite ao final de cada obra.

Por exemplo, nas cantigas de amigo repítese o derradeiro verso en cada cobra da cantiga. Podémolo ver na seguinte cantiga de don Dinís: Ai flores, ai flores do verde pino, se sabedes novas do meu amigo! ai Deus, e u é?

Ai flores, ai flores do verde ramo, se sabedes novas do meu amado! ai Deus, e u é?

Se sabedes novas do meu amigo, aquel que mentiu do que pôs comigo! ai Deus, e u é?

Se sabedes novas do meu amado, aquel que mentiu do que mi há jurado! ai Deus, e u é?" (...)

Véxase tamén

Outros artigos Refraneiro

Categoría:Literatura Categoría:Literatura en lingua galega Categoría:Literatura galega medieval