O aeroporto internacional Ngurah Rai , oficialmente coñecido como aeroporto internacional I Gusti Ngurah Rai, é o principal aeroporto de Balí, situado a 13 quilómetros ao sur de Denpasar. Ngurah Rai é o segundo aeroporto máis concorrido de Indonesia despois do aeroporto internacional Soekarno-Hatta, en Iacarta.

Airport Council International premiou ao aeroporto de Ngurah Rai cmo o terceiro mellor do mundo do 2016 polos seus servizos, dentro da categoría entre 15 e 25 millóns de pasaxeiros.

O aeroporto foi chamado na honra de I Gusti Ngurah Rai, un heroe balinés que morreu o 20 de novembro de 1946 nun puputan (loita a morte) contra os neerlandeses en Marga, onde estes derrotaron á súa compañía con apoio aéreo, matando a Ngurah Rai e a outros 95 durante a revolución indonesia.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web do aeroporto

Ngurah Rai