miniatura|150px|Esquema da orde toscana. O listel apréciase xusto debaixo do entaboamento.
Un listel,listel no Dicionario da RAG. en arquitectura, é unha moldura convexa de sección cadrada ou rectangular, con forma de lista longa e estreita, que xeralmente separa outras dúas.
É o espazo que queda entre as acanaladuras do fuste dunha columna ou dunha pilastra.
Tamén recibe o nome de filete.
Etimoloxía A palabra provén do latín medieval lista, "lista", "banda", "tira", e de aí pasou ao italiano, e deste ao francés na forma listel, e do francés pasou a outras linguas.Listel no Trésor de la Langue Française informatisé.Rejón de Silva, Diego Antonio (1788): Diccionario de las Nobles Artes. Edición do COAM en 1995.Lajo Pérez, Rosina (1990): Léxico de arte. Madrid: Akal. ISBN 978-84-460-0924-5.
Características e tipos O lintel pode ser:
Unha faixa fina e lisa que separa dúas molduras. Unha moldura estreita.
O lintel é unha das partes que entran xeralmente na composición dos diferentes membros dunha orde arquitectónica. Considérase un adorno que de ordinario vai unido a oturo de maior importancia. O listel non admite ningún outro adorno sobreposto, e por esta razón está comprendido no grupo das molduras lisas. Cando é ancho, os escritores latinos antigos adoitaban usar para designalo a voz taenia.
Hai exemplos de arquitrabes de orde dórica coroados por un listel ou taenia, debaixo do cal se encontran, servíndollle de adorno, outros listeis pequenos, a cada un dos cales se ven adheridos pola súa parte inferior por seis golas cilíndricas algo cónicas. Na orde xónica as estrías das columnas están separadas por listeis, a diferenza das da orde dórica na que as estrías xúntanse polos lados, rematando en punta; ademais pode ser usado como adorno dos capiteis. Na orde corintia o lintel tamén serve para separar as estrías. Na arquitectura da Roma antiga, fundamentada nos principios da arte grega, non se encontra unha diferenza notábel en canto ao uso das molduras até nos últimos tempos do Imperio romano.Enciclopedia moderna, 26: diccionario universal de literatura, ciencias ..., Francisco de Paula Mellado, 1833.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Moldura
Categoría:Arquitectura