miniatura|dereita|200px|Plano da colonia de Aelia Capitolina. Aelia Capitolina (latín: ) foi unha colonia romana, construída polo emperador Hadriano no lugar que ocupou a cidade de Xerusalén, que se encontraba en ruínas desde o sitio do ano 70, en parte, como resposta a revolta de Bar Kokhba dos anos 132-136. Aelia Capitolina mantívose como o nome oficial de Xerusalén ata o 638, cando os árabes a conquistaron e pasou a ser coñecida como 'إليا' (Iliyā').
Toponimia O nome de Aelia vén do nome xentil de Hadriano, Aelius, mentres que Capitolina significa que a cidade estaba adicada ao deus Xúpiter Capitolino, para quen se construíu un templo no lugar que ocupaba o antigo Templo de Xerusalén, no coñecido como Monte do Templo.. Máis adiante, o nome Aelia foi a fonte para o nome árabe Iliyā' (إليا).
Historia miniatura|200px|Ruínas do cardo da colonia. Xerusalén, que fora reconstruída en tempos de Herodes o Grande, permanecía en ruínas desde tempos do decisivo sitio da cidade, como parte da primeira guerra xudeu-romana no ano 70. Flavio Xosefo, un historiador da época e defensor da causa xudía, que nacera na cidade e loitara contra os romanos naquela guerra, describiu a destrución da cidade do seguinte xeito:
O Talmud (Makkot) conta que o Rabino Akiva e algúns outros sabios visitaron a cidade. Os seus compañeiros quedaron agraviados ao ver un zorro no que antes fora o lugar no que estivera o Templo do Santo dos Santos como símbolo da desolación.
Cando o emperador romano Hadriano decidiu reconstruír a cidade no ano 130, considerou facelo como un agasallo para os xudeus. Os xudeus esperaron con esperanza, pero trala visita do emperador ao lugar no que estivera Xerusalén, un samaritano convenceuno de non o facer. Entón o emperador decidiu reconstruír a cidade como unha colonia romana que sería habitada polos seus lexionarios.Benjamin Isaac, The Near East under Roman Rule: Selected Papers (Leiden: Brill 1998) A nova cidade de Hadriano foille adicada a el, e algúns deuses romanos, en particular a Xúpiter Capitolino.
A revolta xudía de Bar Kokhba, que tardou tres anos en ser suprimida polos romanos, enfureceu a Hadriano ata o punto de se propor acabar co xudaísmo da provincia. A circuncisión quedou prohibida, a provincia de Xudea foi renomeada como Syria PalaestinaElizabeth Speller, , Oxford University Press, 2004, p. 218 e os xudeus foron expulsados da cidade e prohibíuselles a súa entrada nela baixo pena de morte, coa única excepción dun día por ano con motivo da festividade de Tisha B'Av. Existen controversias sobre se os decretos anti-xudeus foron consecuencia da revolta de Bar Kokhba ou a causa desta.
Todas estas medidas, que tamén afectaron aos xudeus cristiáns,Emily Jane Hunt, , Psychology Press, 2003, p. 7 axiña "secularizaron" a cidade.E. Mary Smallwood BRILL, 1981, p. 460. A prohibición mantívose en vigor ata o século VII, aínda que os cristiáns puideron regresar antes grazas a que no século IV o emperador Constantino I mandou construír os lugares sagrados cristiáns na cidade, incluída a Igrexa do Santo Sepulcro. Os restos funerarios do período bizantino son principalmente cristiáns, o que suxire que a poboación da cidade durante esta época estaba composta unicamente por cristiáns.Gideon Avni, , Oxford University Press 2014 p.144.
Durante o século V, o Imperio Romano de Oriente, dirixido desde a cidade de Constantinopla, mantivo o control da cidade. No transcurso de varias décadas, a cidade pasou das mans dos bizantinos para as do persas, e de novo para os bizantinos. Trala campaña dos sasánidas do rei Khosrau II a comezos do século VII en Siria, os seus xenerais Shahrbaraz e Shahin atacaron Xerusalén () coa axuda dos xudeus de Palestina Prima, que se alzaron contra o poder bizantino.
No Sitio de Xerusalén do ano 614, tras 21 días de asedio, a cidade foi capturada. As crónicas bizantinas relatan que os sasánidas e os xudeus sacrificaron miles de cristiáns na cidade, moitos deles na piscina de Mamilla, e destruíron os seus monumentos e igrexas, incluída a Igrexa do Santo Sepulcro. A cidade permaneceu nas mans dos sasánidas durante quince anos ata que o emperador bizantino Heraclio a reconquistou no 629.Rodney Aist,The Christian Topography of Early Islamic Jerusalem,Brepols Publishers, 2009 p.56:'Persian control of Jerusalem lasted from 614 to 629'.
Aelia Capitolina foi conquistada polos exércitos árabes de Omar ibn al-Khattab no 638. Entre os musulmáns da primeira era do islam, a cidade pasou a ser coñecida como Madinat bayt al-Maqdis ("Cidade do Templo")Ben-Dov, M. Historical Atlas of Jerusalem. Translated by David Louvish. New York: Continuum, 2002, p. 171 e se restrinxía ao Monte do Templo. O resto da cidade foi rebautizada como "Iliya", reflectindo así o nome romano que recibira a cidade.Linquist, J.M., The Temple of Jerusalem, Praeger, Londres, 2008, p. 184
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Xerusalén Categoría:Xudea (provincia romana)