Kęstutis Navakas, nado en Šeimyniškiai o 24 de febreiro de 1964 e finado o 16 de febreiro de 2020, foi un poeta, crítico literario, tradutor e libreiro lituano.
Traxectoria Foi á escola en Kaunas, tras a independencia do seu país pasou unha temporada perfeccionando o alemán en Salzburgo (1992). Escribiu unha columna semanal de cultura no xornal Kauno diena (1993-1996). Crítico literario da Televisión lituana (LTV) (1998-1999) presentou o programa cultural Kultūros nama (2002-2004). Tradutor de poesía alemá ó lituano, publicou dous libros de poemas, Krintantis turi sparnus (1988) e Pargriautas barokas (1996).
Categoría:Escritores de Lituania Categoría:Tradutores Categoría:Libreiros Categoría:Escritores en lingua lituana Categoría:Nados no condado de Utena Categoría:Nados en 1964 Categoría:Finados en 2020