Manuel Salgado Biempica, nado en Lobeira e finado en Tui o 26 de outubro de 1932, foi un militar e escritor galego.
Traxectoria Fillo de Constantino Salgado Monasterio. Comandante de Infantaría, ao comezo da ditadura de Primo de Rivera foi delegado gobernativo de Monforte de Lemos.El Progreso, 17-9-1924, p. 2. Irmán de Arturo Salgado Biempica, subdirector de CAMPSA, foi delegado do Monopolio de Petróleos da provincia da Coruña en 1927. Instalado en Tui, foi o primeiro presidente do Tennis Club. Finou en Tui o 26 de outubro de 1932.El Pueblo Gallego, 27-10-1932, p. 11.
Vida persoal Casou con María de los Dolores Peñarredonda.La Voz de Galicia, 4-9-1928, p. 4.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Lobeira Categoría:Finados en 1932 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados no século XIX