Ángel Martínez Pérez, nado en Vigo e finado en Poio o 24 de febreiro de 2022, foi un empresario e representante musical galego, coñecido como Lito."Lito, el amo de las verbenas gallegas que debe 46 millones a Hacienda", El Mundo, 21 de marzo de 2018 .
Traxectoria A finais da década de 1980 comezou no negocio da representación de orquestras e eventos musicais. En 1985 fundou Espectáculos Lito con sede en Caldas de Reis. Foi fundador ou representante de orquestras como Panorama, París de Noia, Sintonía de Vigo, Philadelphia ou Olympus."Lito, el estafador de las 80 orquestas: 30 años dando fiestas en Galicia sin pagar a Hacienda", El Español, 18 de marzo de 2018 . O grupo de empresas Lito está formado por Soner Sonido e Iluminación SL, Emuli SL, Escena Rent SLU e Producciones Artísticas Lito SL.
A súa empresa chegou a mover 25 millóns de euros ao ano. Controlando a 60 orquestras en Galicia con 70 axentes comerciais que vendían os contratos coas orquestras que representaba ás comisións de festas. Foi condenado pola Audiencia Provincial de Pontevedra en marzo de 2018 a 12 anos de cárcere e ao pago de 36 millóns de euros por delito fiscal. Posteriormente o Tribunal Supremo anulou esta sentenza e, trala repetición do xuízo, a pena de cárcere foi reducida en xuño de 2021 a dous anos e tres meses.
Os seus problemas coa Xustiza neses seus últimos anos acompañáronse de problemas de saúde física e mental. Finalmente, faleceu o 24 de febreiro de 2022, tras precipitarse ao baleiro dende a ponte da Barca (Poio), sobre a autoestrada AP-9.
Notas
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 2022 Categoría:Suicidios en 2022 Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Suicidas de Galicia