Cerdido é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2014 tiña 1249 habitantes (1361 no 2010, 1496 no 2006, 1522 no 2005, 1558 no 2004, 1589 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».
Demografía
Censo total 2014 1249 habitantes Menores de 15 anos 93 (7,44 %) Entre 15 e 64 anos 683 (54,68 %) Maiores de 65 anos 473 (37,87 %)
Toponimia O topónimo deriva do latín , debido á abundancia de carballos da zona, ou de , neste caso de cerdeiras.
Xeografía O concello sitúase ao norte da provincia da Coruña. Limita ao norte con Cedeira, ao leste con Ortigueira, ao sur coas Somozas e Moeche, e ao oeste con Valdoviño. Ten unha extensión de 52,63 km², cunha altitude media de 240 m. Ten espazo dentro da zona especial de conservación (ZEC) Ortigueira - Mera da Rede Natura 2000.
Atópase entre as serras de Forgoselo e A Faladoira e o val de San Sadurniño. Os diversos ríos e regatos que discorren polo territorio verquen as augas en dúas cuncas: a do río Mera, que desemboca na ría de Ortigueira, e o río de Porto de Cabo, que desemboca na ría de Cedeira.
A máxima altura atópase no monte de Francoi (408 m). Outros cumios son o monte Texón (326 m) e o Couto da Forca (356 m), entre os cales está o val do río de Pontellas. Ten un clima oceánico, con temperaturas suaves.
Historia No castro de Cerdido, preto do lugar da Igrexa, foi atopado en 1840 un torque de ouro moi diferente aos atopados en Galiza, máis parecido aos presentes en Irlanda.
No século VI, durante o reino suevo, foi incluído no condado de Labacengos, pertencente á diocese de Iria Flavia.
O topónimo de Cerdido aparece documentado por vez primeira nun documento do 3 de novembro de 1152, polo cal Fernán Pérez e a súa muller Sancha González, doan os bens da igrexa de San Martiño de Cerdido ao mosteiro de San Martiño de Xuvia.
No século XVII o marqués de San Sadurniño (que tamén posuía o título de vizconde de Cerdido) designaba un xuíz para o concello. Trala división local e provincial do século XIX o concello quedou formado polas parroquias de Cerdido e Os Casás. A Barqueira converteuse en parroquia en 1869, ao formarse un núcleo de certa importancia no barrio de Malados, na estrada entre Ferrol e Viveiro, onde había un mesón e a capela de Santo Antón. A Barqueira era o nome do mesón.
Goberno municipal
Alcalde durante varias décadas, Bernardino Breijo (PP) renunciou a esta condición e á de edil na corporación municipal en abril de 2006, a pouco máis dun ano das seguintes eleccións locais. Entrou no seu lugar, como alcaldesa, Ana Rodríguez Montero.
Nos comicios de maio de 2007, o PP volveu ser o máis votado, pero perdeu un escano, acadando 5 concelleiros. Obtivo maioría absoluta, fronte aos 2 edís do BNG e os outros 2 que recolleu o PSdeG-PSOE. Ana Rodríguez Monteiro repetiu como rexedora. Distincións
En 2026 o Concello de Cerdido, nun pleno municipal celebrado o 29 de abril, designou fillo predilecto de Cerdido o investigador, profesor, teólogo e erudito José Martinho Montero Santalha.
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Cerdido Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cerdido vexa: Lugares de Cerdido.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Cerdido Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía