Mikel Erentxun Acosta, nado en Caracas (Venezuela) o 23 de febreiro de 1965, é un cantautor vasco, máis coñecido como Mikel Erentxun. Residente en Donostia dende 1973, foi o vocalista de Duncan Dhu xunto a Diego Vasallo (e anteriormente Juan Ramón Viles) antes de comezar a súa carreira en solitario.

Traxectoria Mikel Erenchun foi o vocalista do grupo Duncan Dhu xunto a Diego Vasallo e anteriormente con Juan Ramón Viles. Editaron o seu primeiro álbum titulado Por tierras escocesas en 1985, e estiveron en activo até o ano 2001, no que publicaron Crepúsculo, conformando un dos grandes grupos dos anos oitenta. Fixeron varias recompilacións dos seus grandes éxitos, e tamén lles fixeron o disco tributo Cien gaviotas donde irán… un tributo a Duncan Dhu, no que colaboraron, entre outros, Los Secretos, La Cabra Mecánica, Carlos Goñi, Amaia Montero, Leiva, Andrés Calamaro, Hombres G e Álex Ubago.

En 2013, Duncan Dhu volveron á escena co álbum de estudio El duelo e o álbum recompilatorio 1, facendo unha nova xira por España e o estranxeiro.

Discografía Naufragios - 1992 El abrazo del erizo - 1995 Acróbatas - 1998 7 años (Só nos Estados Unidos) - 2000 Te dejas ver - 2000 Ciudades de paso - 2003 Éxitos - 2004 El corredor de la suerte - 2006 Tres noches en el Victoria Eugenia - 2008 Detalle del miedo - 2010 24 golpes + Eléctrica PKWY - 2012 Corazones - 2015 Corazón Salvaje EP - 2015 El Hombre sin Sombra - 2017

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Cantantes do País Vasco Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Caracas Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Cantantes en lingua éuscara Categoría:Cantautores do País Vasco