Escrita é unha revista publicada pola AELG. A súa publicación comezou no ano 1983 e finalizou en 1985. Non obstante, no ano 2005, retomouse a súa publicación baixo o nome de Escrita Contemporánea. Foi redactada enteiramente en galego por numerosos escritores, entre os que destacan algúns nomes como os de Otero Pedrayo, Manuel Lourenzo ou Ricardo Carballo Calero.
Os exemplares da revista podíanse adquirir individualmente por 175 pesetas os dous primeiros números e 200 os seguintes. Tamén estaba a disposición do lector unha subscrición anual a cambio de 700 pesetas nos dous primeiros números e de 800 pesetas nos restantes. Actualmente están dispoñibles en formato dixital na páxina web da AELGAsociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega ou en formato físico na biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.
Liña temática O tema principal da revista Escrita é a literatura, mais tamén se tratan temas culturais asociados á lingua, xornalismo, sociedade, filosofía, ciencia e arte. Tamén se inclúen recompilacións de poemas, historias en forma de cómic, ilustracións, ou fragmentos de textos ou cartas doutros autores. Os temas distribúense da seguinte maneira: artigos 37 relacionados coa literatura. 16 de sociedade. 9 recompilatorios de textos e poemas. 7 de arte. 7 de ciencia. 4 ilustrados. 4 sobre medios de comunicación. 4 dedicados a entrevistas. 3 de filosofía. 2 recompilatorios de cartas.
Ideoloxía Canto a temas ideolóxicos, non existe unha implicación directa coa política, mais si unha defensa da lingua galega e os cambios lexislativos necesarios para o seu uso e promoción.
Periodicidade A revista tivo unha periodicidade irregular. As publicacións tiveron lugar da seguinte maneira:
1983: 1º e 2º números. 1984: 3º, 4º e 5º números. 1985: 6º número.
Distribución ExemplarPáxinasArtigosLugar depublicaciónAno depublicaciónFinanciamento12316A Coruña1983Deputación de Ourense e o Banco Bilbao22317Vigo1983Caixa de Aforros Municipal de Vigo e Deputación de Lugo32415Vigo1984Caixa de Aforros de Galicia42416Vigo1984Fundación do Banco Exterior52515Vigo 1984Departamento de Cultura do Concello de Vigo62411Vigo1985(sen colaboración económica) Os exemplares, na súa totalidade, foron editados pola AELG, sendo Uxío Novoneyra o seu presidente, Margarita Ledo Andión a súa directora, Alfonso Pexegueiro o seu secretario e Xurxo Fernández o seu deseñador.
Colaboracións Os autores e autoras da Escrita teñen como obxectivo promover a valorización do escritor e as súas obras e intercambiar ideas e conceptos entre eles. En palabras de Vítor Vaqueiro, colaborador da revista, "o seu ponto de vista, era muito moderno, transversal, interdisciplinar, tentando derrubar a barreira entre ciência e humanidades". Destaca considerabelmente o xénero masculino fronte ao feminino e son de orixe tanto nacional como internacional, tendo como única condición a de contar polo menos cun libro publicado en galego, sendo os seguintes os seus nomes: Margarita Ledo Andión Miguel Anxo Fernández María Pilar García Negro Jean Starobinski Emilio Rolán Alain Badiou Manuel Facal Carles Prats Xenaro García Suárez Celso Álvarez Cáccamo Xaquín López Román Raña Lama Antón Baamonde Xabier Paz Claudio Rodríguez Fer Ricardo Carballo Calero Salvador de Lorenzana Alfonso Pexegueiro Xosé A. Parada Manuel Lourenzo Mauro Wolf Xoán Ignacio Taibo Cipriano Jiménez Casas Alberto Moreiras Estrela González Xosé Ramón Pena X.L.Méndez Ferrín Xenaro García Suárez Alberto Avendaño Nicolás Xamardo Xosé María Álvarez Cáccamo Manuel Janeiro Amparo Moreno Sardá Xavier Rodríguez Baixeras Xosé Manuel Martínez Oca Xosé Neira Vilas Miguel Pérez-Quintanilla Xoán Manuel Carreira Guillermo Domínguez Santos Víctor F. Freixanes Colectivo Golpe Vello Uxío Labarta Miguel Anxo Murado César Vallejo Alberto Avendaño Julio Cortázar Fernando Savater Francisco Sampedro Ojedra María Xosé Queizán Anxo Baranga Basilio Lourenço Fondevila Carlos Vales Francisco Javier Ruiz Collantes Carlos Fernández Xurxo Fernández Jaume Fuster Antón Reixa Manuel Rivas
Contraste entre a revista Escrita e Escrita Contemporánea A revista Escrita baséase na recompilación de artigos de carácter cultural escritos por diferentes autores en forma de boletín oficial. Por outro lado, Escrita Contemporánea comezou publicando números nos que se homenaxeaban a algúns escritores galegos importantes como Ánxel Casal, Pura Vázquez, Dora Vázquez e Uxío Novoneyra, así como á AELG, para logo se converter en resumos de numerosas Actas de Xornadas relacionadas coa literatura. Conta con 30 números.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Escrita: nº 1, Verán 1983; nº 2, Inverno 1983; nº 3 Primavera 1984; nº 4, Verán 1984; nº 5, Outono 1984; nº 6, Verán 1985.
Ligazóns externas Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas de España desaparecidas Categoría:Revistas en lingua galega