Kenzō Tange (丹下健三, Tange Kenzō), nado en Sakai o 4 de setembro de 1913 e finado en Tokyo o 22 de marzo de 2005, foi un arquitecto xaponés gañador do Premio Pritzker de Arquitectura no ano 1987. Foi un dos máis significativos arquitectos do século XX, mesturando o estilo tradicional xaponés co modernismo, e deseñando edificios monumentais ao longo de todo o mundo.

Traxectoria No ano 1949 gañou a competición do redeseño de Hiroshima, logo da bomba atómica no ano 1945. O seu deseño para o Parque da Paz e o Memorial da Paz lembran moito a Le Corbusier, e son chamados moitas veces como "o corazón espiritual da cidade". Unha das razóns polas que fixo o proxecto foi que el estudara nesa cidade na súa xuventude.

Tange gañou fama e recoñecemento internacional polo seu deseño do ximnasio para os Xogos Olímpicos de 1964 en Tokyo. Unha referencia do Premio Pritzker descríbeo como "un dos edificios máis bonitos do século XX". Tamén foi coñecido polo seu "Plan para Tokyo" no 1960, no cal fixo unha proposta radical para o redeseño da cidade. Aínda que non foi aplicado na súa totalidade, marcou moita influencia en arquitectos de todo o mundo.

No ano 2005, o seu funeral foi realizado nun dos seus traballos, a Catedral de Tokyo.

Principais proxectos Parque da Paz de Hiroshima (1955) Edificio Gobernamental da prefectura de Kagawa, Takamatsu (1958) Catedral da Santa María de Tokyo (1964) Yoyogi, Ximnasio Nacional para os Xogos Olímpicos de 1964 (1964) Localización da Expo '70, Suita, Osaca (1970) Hanae Mori Edificio Aoyama, Tokyo (1979) Universidade Tecnolóxica de Nanyang (1986) Edificio do Goberno Metropolitano de Tokyo, Shinjuku (1991) Edificio da Televisión Fuji, Odaiba, Tokyo (1996) WKC Centro de denselvolvemento da Saúde, Kobe (1998) Hotel Tokyo Dome (2000) Hwa Chong Institution Boarding School, Singapur (2005)

Galería

Véxase tamén

Ligazóns externas Kenzo Tange Associates Obras de Kenzō Tange en Urbipedia Páxina Web Oficial

Categoría:Premio Pritzker Categoría:Arquitectos do Xapón do século XX Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Nados na prefectura de Osaca