Lisa Rani Ray, nada o 4 de abril de 1972, é unha actriz canadense, modelo, presentadora televisiva, filántropa e activista social. En 2005, apareceu no filme canadense Water. En 2008 protagonizou a carón de Sheetal Sheth os filmes románticos I Can't Think Straight e The World Unseen.

Ray fixo o seu debut no cinema indio no filme de 1994 Nethaji, xunto a Sarath Kumar, no cal fixo un pequeno papel. En 2001, apareceu no filme de Bollywood Kasoor xunto a Aftab Shivdasani. En 2002, actuou en Takkari Donga con Mahesh Babu. En 2016, Ray apareceu no filme biográfico de Ram Gopal Varma Veerappan.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1972 Categoría:Actores de cinema do Canadá Categoría:Canadenses de ascendencia polaca Categoría:Canadenses de ascendencia bengalí Categoría:Nados en Toronto