dereita|miniatura|María Lado e Lucía Aldao no Liceo Mutante, 2015. Aldaolado é un dúo poético-musical formado en 2005 e composto por Lucía Aldao e María Lado.
Traxectoria Aldaolado realiza unha mestura de poesía con humor e música de carácter transgresor, nun exercicio de comunicación directa co espectador. Naceu en 2005 da unión das poetisas Lucía Aldao e María Lado, coa intención de participar no proxecto chamado Translítera, dirixido por Rafa Xaneiro e producido polo Consello da Cultura Galega. Presentaron nel o espectáculo Onde estea un cubata que se quite un soneto. A súa intención foi dende ese momento ofrecer poesía dun xeito amable e divertido á vez que elas gozaban recitando. Dende entón o grupo foi aumentando a audiencia, destacando a súa presenza no Luar en dúas ocasións.
Natureza dos textos Os textos son normalmente propios, mais tamén realizan versións. Ambas son autoras dunha ampla obra. As pezas que van introducindo sempre varían en función do día e a situación en concreto, polo que os espectáculos nunca teñen os números fixados e van introducindo pezas novas deixándose levar pola improvisación.
A temática dos textos, a pesar de ser presentados dun xeito ameno, son na súa maioría serios. Poden atoparse narracións de historias e anécdotas divertidas antes do poema, ou a entoación dos mesmos cun afán máis chistoso. A pesar disto, os poemas son na súa maioría serios, de ton melancólico ou escuro. A risa está reducida ao exterior do poema.
Lucía e María fan os directos xuntas, mais non interveñen na escrita da outra. Cada unha ten o seu estilo e tipo de textos, uns máis narrativos, e outros máis subxectivos.
O programa de Aldaolado conta cun espectáculo dinámico, no que se persegue participación do público. Pretenden provocar a gargallada mediante xogos de “eu nunca”, creando poemas colectivos ou concursos. Esta interacción vai na liña de demostrar que de calquera cousa se pode facer poesía e que calquera pode facela. Dese xeito falan da lingua, da muller ou das súas propias experiencias nunha celebración da poesía, a alegría e a vida, tentando demostrar que un poema pode cambiar a realidade.
Natureza do espectáculo dereita|miniatura|Día das Letras Galegas 2023. Teoricamente fan recitais, pero na práctica os seus espectáculos convértense nunha mestura entre recital, concerto e narración de contos e historias, centrándose nas aventuras e desventuras dos poetas. Os seus recitais unen lectura de poemas propios, humor e música en directo, dun xeito fresco e cunha importante dose de participación do público. Pretenden que o espectador se transforme nun autor dadaísta a través xogos. Mais tamén, a parte de recitar poemas, abondan os acompañamentos de música en directo, mesmo nalgunha ocasión versionando cancións orixinalmente en castelán. Deste xeito, achegan a poesía á xente dunha forma máis rechamante, pretendendo eliminar prexuízos sobre a idea da rixidez da poesía. Adoitan actuar en festivais, festas, centros escolares, teatros, bares e outros eventos.
Lingua Recitan en galego, mais cando actúan fóra de Galicia só o empregan se non compromete a comprensión coa lingua do público, como co castelán ou o portugués. Cando saen fóra do territorio peninsular, como en Irlanda, adoitan traducir textos á lingua do país.
En canto á súa crítica acerca da situación do idioma galego, nos seus espectáculos denuncian que nas cidades apenas se emprega, mentres que nos arrabaldes —especialmente en centros de ensino pequenos— é moi alto o número de falantes. Por fin, animan a eliminar complexos como o autoodio por falar o galego.
Espectáculos Onde estea un cubata que se quite un soneto (2005) Poeta de mierda (2006) Moita poesía, pouca diversión (2011) Con dez poemas por barba (2013) After (2014) Somos Nós (2014) Sempre en Ibiza (2015) Pendanca e Oso (2015) Cría fama e bótate a correr (2017) Porque si (2018) Furia necesaria (2019)
Discos
Casa! (2021). Temas: "Froita ofrecida, Por que non hai flores?, Tirámonos en bomba, O amor prehistórico, Prohibido pintar, Atractivas e talentosas". Forestal (2023). Coa compañía musical de Violeta Mosquera (batería), Macarena Montesinos (baixo) e Rubén Abad (guitarra), nun traballo de Mig Seoane.. Temas: "Odias a poesía, Nancy Mourín Varela, Furia necesaria, Por que non nos volvemos bicar, Forestal, Donas e señoras da escuridade e da risa".
Poesía
Ninguén morreu de ler poesía (2020). Vigo: Xerais. 96 páxs. ISBN 978-84-9121-642-1. ePub: ISBN 978-84-9121-640-7.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Mocidade. Voceiro nacional de Galiza Nova 2017 número 43. http://ocio.laopinioncoruna.es/agenda/noticias/nws-402364-no-recital-facemos-xogos-crear-poema-colectivo-coa-xente-e-sacar-tension.html Pendanca e Oso, espectáculo emitido en Youtube Lingua proletaria bilingüe espectáculo emitido en Youtube
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Poetas de Galicia