François Mazet, nado en París o 24 de febreiro de 1943, é un expiloto de automobilismo francés. Participou nun só Gran Premio do Campionato do Mundo de Fórmula Un, rematou 13º e non obtivo puntos de campionato.

Traxectoria Mazet gañou o Campionato Francés de Fórmula Tres en 1969 cun Tecno e trasladouse a Fórmula 2 co equipo Sports Motor xunto a Tim Schenken en 1970. Non foi un movemento acertado e co patrocinio de Shell Petroleum, Mazet correu co Chevron de F2 de Jo Siffert cando Siffert non estaba dispoñible así como tamén en coches de turismo para Ford Alemaña. A asociación con Siffert levou a Mazet a pilotar un March 701 no Circuíto Paul Ricard no Gran Premio de Francia de 1971. Con todo, foi o seu único intento na Fórmula Un.

Logo da súa andaina nas carreiras, Mazet participou no patrocinio de Lotus por parte de Essex Petroleum nos anos 80.

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos Jo Siffert Automobiles March 701 Cosworth V8 RSA ESP MON NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA NC 0

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en París Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Francia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Siffert Racing