Mar Sánchez Sierra, nada na Coruña en 1969, é unha xornalista e política galega.

Traxectoria Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Navarra. Nos anos 90 entrou no gabinete de comunicación da Consellería de Sanidade. Marchou ao Ministerio de Sanidade en 1996 con José Manuel Romay Beccaría.

En 2000 asumiu a dirección de comunicación de Correos cando Alberto Núñez Feijóo foi nomeado presidente. Despois foi directora de comunicación na Consellería de Política Territorial, na executiva do PPdeG e na Xunta de Galicia, primeiro como directora xeral e dende 2013 como secretaria xeral de Medios. En 14 de marzo de 2013 foi nomeada vicepresidenta de Retegal. Nas eleccións xerais de España de 2023 foi elixida para o Congreso dos Deputados.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas , Anxo. "Mar Sánchez, a vicepresidenta na sombra" Praza.gal 6/5/2018.

Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1969 Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes