O aeroporto internacional Daniel K. Inouye , tamén coñecido como aeroporto internacional de Honolulu, é a principal porta de entrada por aire á cidade e condado de Honolulu, no estado de Hawai. É un dos aeroportos máis concorridos dos Estados Unidos, con 19 950 125 pasaxeiros no ano 2016.
O aeroporto foi bautizado na honra do senador e receptor da Medalla de Honra Daniel K. Inouye, que representou a Hawai dende 1963 ata a súa morte en 2012. Está situado a 5 quilómetros ao noroeste do distrito financeiro de Honolulu.
O aeroporto serve como centro de conexións principal de Hawaiian Airlines, a aeroliña máis grande baseada en Hawai. Hawaiian Airlines ofrece voos entre os distintos aeroportos das illas de Hawai e tamén voa cara Estados Unidos, Australia, Nova Zelandia, Samoa Americana, Tahití, Xapón, China, Filipinas e Corea do Sur.
Tamén é a base de Aloha Air Cargo, que anteriormente ofrecía servizos de carga e pasaxeiros baixo o nome de Aloha Airlines. A aeroliña cesou as súas operacións de pasaxeiros o 31 de marzo de 2008 e vendeu os seus servizos de carga á compañía de Seattle Saltchuk Resources, Inc.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Daniel K. Inouye