O Batán é un lugar da parroquia de Mezonzo, no concello coruñés de Vilasantar, na comarca de Betanzos. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña dous habitantes (un home e unha muller).

Historia Recibe o seu nome do batán que se acha no lugar, un dos poucos que se conservan na Península Ibérica. A tradición atribúe a súa construción ós monxes do mosteiro de Mezonzo, o cal o convertería nun dos máis antigos. Impulsado pola auga do río das Gándaras, funcionou até o ano 1954, momento en que foi abandonado. Restaurouse en 2001, polo que o seu mecanismo segue a funcionar.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Mezonzo

Parroquias de Vilasantar

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Vilasantar

Categoría:Lugares de Vilasantar