Prevotella é un xénero de bacterias gramnegativas do filo Bacteroidetes.

Especies de Prevotella son membros da flora vaxinal e recupéranse de infeccións anaerobias do tracto respiratorio. Entre estas infeccións están a pneumonía de aspiración, abscesos pulmonares, empiema pulmonar e otite media crónica e sinusite. Foron illadas de abscesos e queimaduras preto da boca, trabadas, paroniquias, infección do tracto urinario, abscesos cerebrais, osteomielite e bacteremia asociada con infeccións do tracto respiratorio superior. Especies de Prevotella predominan na enfermidade periodontal e abscesos periodontais.

Nun estudo das bacterias intestinais en nenos de Burkina Faso (África), as especies de Prevotella supoñían o 53% das bacterias do intestino, pero estaban ausentes en nenos europeos. Os estudos tamén indican que a dieta a longo prazo está fortemente asociada coas composición da microbiota intestinal; os que comían moitas proteínas e graxas animais típicas da dieta occidental tiñan predominantemente bacterias do xénero Bacteroides, mentres que os que comían máis carbohidratos, especialmente fibra, presentaban predominantemente especies de Prevotella.

P. copri foi correlacionada co inicio da artrite reumatoide.

Un estudo recente sobre Prevotella derivada de seres humanos comparou os repertorios de xenes das súas especies tomadas de diferentes sitios do corpo humano. Tamén se informou neste xénero dun panxenoma aberto que mostraba unha vasta diversidade da súa poza xénica.

Unha sobreproliferación de Prevotella e unha redución de Lactobacillus foron correlacionadas co inicio da osteomielite en ratos. A redución de Prevotella en ratos modelo causaba un incremento de Lactobacillus e tiña efectos protectores contra a osteomielite. Así, os cambios na microbiota que afectan a Prevotella poden ser relacionados co desenvolvemento da osteomielite.

A especie Bacteroides melaninogenicus foi reclasificada e dividida en Prevotella melaninogenica e Prevotella intermedia.

O nome Prevotella fai referencia ao microbiólogo francés A. R. Prévot.LPSN - List of prokaryotic Names with Standing in Nomenclature Prevtotella

Especies Prevotella albensis Prevotella amnii Prevotella bergensis Prevotella bivia Prevotella brevis Prevotella bryantii Prevotella buccae Prevotella buccalis Prevotella copri Prevotella dentalis Prevotella denticola Prevotella disiens Prevotella histicola Prevotella intermedia Prevotella maculosa Prevotella marshii Prevotella melaninogenica Prevotella micans Prevotella multiformis Prevotella nigrescens Prevotella oralis Prevotella oris Prevotella oulorum Prevotella pallens Prevotella salivae Prevotella stercorea Prevotella tannerae Prevotella timonensis Prevotella veroralis

Notas

Véxase tamén Outros artigos Enterotipo

Categoría:Bacteroidetes