Javier Posse Varela, nado en Malpica de Bergantiños en 1898, foi un anarquista galego.

Traxectoria Aínda moi novo emigrou ao Uruguai co seu pai. Mozo de café en Montevideo, uniuse ao anarquismo en 1921, foi representante da Sociedad de Resistencia de Mozos y Anexos afiliada ao Consejo Regional da Federación Obrera Regional Uruguaya (FORU), onde foi nomeado secretario. Expulsado do Uruguai, instalouse na Coruña en 1933 e integrouse no Sindicato de Camareros Terrestres da CNT. En 1935 era secretario do sindicato e foi membro do Comité Regional de Galicia e do Comité Regional ProPresos.La Voz de Galicia, 23-4-1935, p. 8. Impartiu unha conferencias no centro Resplandor en el Abismo co título "Las juventudes ventudes y el momento actual".La Voz de Galicia, 24-5-1935, p. 5. A finais de 1935 participou en numerosos mitins en Galicia con Federica Montseny, Claro José Sendón e Jaime Baella Pérez.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, torturado e condenado a un ano de prisión. A principios da década dos corenta traballou como viaxante de comercio e participou na CNT clandestina. Foi membro do segundo comité da CNT formado na Coruña e de 1945 a 1947 foi o enlace entre a Confederación Rexional Galaica e o Comité Nacional de Madrid. Arrestado en marzo de 1947, foi xulgado en consello de guerra en Vigo o 1 de xuño de 1948. Foi condenado a 15 anos de prisión e internado na Colonia Penitenciaria Militarizada de Dos Hermanas en Sevilla. Saíu en liberdade provisional en agosto de 1950.BOE, 25-11-1950, p. 5474. Vida persoal Casou con Carmen Calvo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes