Breve encontro (en ) é un filme británico de 1945 dirixido por David Lean. Está protagonizado por Celia Johnson e Trevor Howard. O guión é do propio Lean, Ronald Neame e Noël Coward, e baséase na obra teatral de Coward de 1936 Still Life.

Foi emitido na TVG o 13 de decembro de 1987.Programación

Argumento Laura, unha simple ama de casa, casada e con fillos coñece por casualidade nunha estación de tren que ela frecuenta diariamente un médico chamado Alec, tamén casado. Os dous inician unha amizade aparentemente inocente que aos poucos se converte nunha paixón entre ambos. Entón comezan unha relación amorosa secreta.

Elenco Celia Johnson como Laura Jesson Trevor Howard como Dr. Alec Harvey Stanley Holloway como Albert Godby Joyce Carey como Myrtle Bagot Cyril Raymond como Fred Jesson Everley Gregg como Dolly Messiter Margaret Barton como Beryl Walters Marjorie Mars como Mary Norton Alfie Bass (sen acreditar) como camareiro do Royal Wallace Bosco (sen acreditar) como doutor no accidente de Bobbie Sydney Bromley (sen acreditar) como Johnnie, segundo soldado Valentine Dyall (sen acreditar) como Stephen Lynn, amigo de Alec Irene Handl (sen acreditar) como violoncellista e organista

Rodaxe miniatura|Estación de Carnforth Gran parte do filme foi rodado na estación de Carnforth en Lancashire, daquela da London, Midland and Scottish Railway. Ao precisarse unha estación con xente, localizouse lonxe de calquera cidade grande para evitar os apagamentos, xa que a rodaxe tivo lugar a principios de 1945, antes da fin da segunda guerra mundial. En dous momentos do filme indícase a localización da estación mediante sinais nas beiravías referidos a destinos locais, incluíndo Leeds, Bradford, Morecambe e Lancaster. Noël Coward realizou os anuncios da estación para o filme. A cantina da estación recreouse en estudio. A estación de Carnforth aínda conserva moitos elementos presentes no filme e é un lugar de peregrinación para fans do filme. Non obstante, algunhas escenas urbanas foron filmadas en Londres, en Denham ou en Beaconsfield, preto dos estudios Denham, en que se realizou o filme.

Música A música recorrente no filme é o Concerto para piano n.º 2 de Serguéi Rakhmáninov, interpretado por Eileen Joyce. Tamén hai unha escena onde a orquestra do salón toca Spanish Dance No. 5 (Bolero) de Moritz Moszkowski.

Premios O filme compartiu o Gran Premio no Festival de Cannes de 1946. Na 19ª edición dos Oscar, Celia Johnson foi candidata ao premio á mellor actriz, mentres que David Lean foi candidato á mellor dirección e mellor guión adaptado xunto con Anthony Havelock-Allan e Ronald Neame.

Recepción Breve encontro foi aclamado trala súa estrea, aínda que había dúbidas sobre se sería popular.Brief Encounter: Archive review by C A Lejeune The Observer, 25 de novembro de 1945 Foi votado como un dos 10 mellores filmes realizados en dúas enquisas diferentes a críticos en 1952. En 1999 o filme quedou segundo na lista BFI Top 100 British films, do British Film Institute'.

Notas

Véxase tamén Bibliografía The Great British Films, pp 91–93, Jerry Vermilye, 1978, Citadel Press, ISBN 0-8065-0661-X Coward, Noël. Brief Encounter: Screenplay. Londres: Faber and Faber, 1999. ISBN 0-571-19680-2

O'Connor, Sean. Straight Acting: Popular Gay Drama from Wilde to Rattigan. Londres: Cassell, 1998. ISBN 0-304-32866-9 Street, Sarah. British National Cinema. Londres: Routledge, 1997. ISBN 0-415-06736-7 Ligazóns externas Criterion Collection essay by Adrian Turner Alison Ireland's comparison of the film with the original Coward play Leninimports review and detailed account of how the film was made Britmovie — Locations: Brief Encounter

Categoría:Filmes de 1945 Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por David Lean Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes sobre o matrimonio Categoría:Filmes sobre infidelidade Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes ambientados en 1938 Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes de 1945 con versión en galego