Avelino Manuel Ares Santos, nado en Ribeira en 1975 e finado entre finais de abril e primeiros de maio de 2018 en Fafián (Ribeira), foi un músico galego, un dos fundadores de Heredeiros da Crus.
Traxectoria Veciños de Ribeira, el e mais Tonhito de Poi, comezaron a tocar nunha banda de pop chamada Eclipse, e en 1992 fundaron Heredeiros da Crus canda outros tres membros (Tuchiño, Javi Maneiro e Francisco Velo). Ares ata o momento fora teclista, pero, necesitados dun batería no novo grupo, vendeu o seu teclado e mercou unha batería simple coa que empezaron a tocar e cantar.
Ares deixou ese mesmo ano a banda, durante os ensaios do que sería o seu primeiro álbum, A cuadrilla de Pepa a Loba, se ben xa tocara con Heredeiros en diversas ocasións, entre elas a primeira actuación na Festa da Dorna (1992) de Ribeira.
Despois integrou outros grupos de rock, entre os que destacou La Tuna del Norte (2004).
Vida persoal Estivo nas drogas e faleceu nun piso abandonado de Ribeira, a canda a súa parella sentimental, Beatriz, por asfixia pola combustión dun braseiro, é dicir, morreu polo fume. No tempo do seu falecemento traballaba descargando peixes. Está soterrado no camposanto parroquial de Xuño.
Notas
Categoría:Nados en Ribeira Categoría:Nados en 1975 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Baterías Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes