Luz foi un xornal español publicado en Madrid, sucesor do diario Crisol e fundado por Félix Lorenzo o 7 de xaneiro de 1932. Nos seus inicios estivo relacionado coa figura de Ortega y Gasset e a Agrupación  ao Servizo da República, e en xeral co republicanismo liberal. O proxecto foi un fracaso económico, superado por La Voz e El Sol. Posteriormente mercouno o empresario catalán Luis Miquel, orbitando cara ao azañismo dirixido por Luis Bello. Desapareceu en setembro de 1934, substituído por Diario de Madrid.

Ideoloxía política Luz foi un xornal de clara ideoloxía republicana que apoiou principalmente ao partido Acción Republicana (AC). Dedicou gran parte dos seus textos de carácter político a defender a estabilidade gobernamental do gabinete de Manuel Azaña. Luz defendeu con fervor un estado de carácter laico, progresista, autonomista, reformista –no exército e na agricultura- e arredado das prácticas caciquís e anticuadas da monarquía e a ditadura.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Checa Godoy, Antonio (1989). Universidad de Salamanca, ed. Prensa y partidos políticos durante la II República. ISBN 9788474815214. Desvois, Jean Michel (2010). «El diario "El Sol", paladín de la modernización de España (1917-1936)». Berceo (159): 165-181. ISSN 0210-8550. Esteban, José (2000). El Madrid de la República. Sílex ediciones. ISBN 9788477370864. Jiménez-Landi, Antonio (1996). La Institución Libre de Enseñanza y su ambiente: Periodo de expansión influyente. Edicions Universitat Barcelona. ISBN 9788489365995. Barreiro, Cristina (2007). «Aproximación al estudio de la prensa durante la Segunda República». Re-Presentaciones: Periodismo, Comunicación y Sociedad (3): 57-76. ISSN 0718-4263. Espín, Eduardo (1979). «Acción republicana y la estabilidad gubernamental en el sistema de partidos de la II República». Revista de Derecho Político (3): 85-108. ISSN 0210-7562. Esteban, José (2000). El Madrid de la República. Colección: Biblioteca de Madrid. Sílex. Fernández, Luis Íñigo (1999). «La Derecha Liberal Republicana: un modelo de organización de un partido republicano conservador durante la Segunda República española». Espacio, Tiempo y Forma, Serie V, H. Contemporánea (12). González Martínez, Carmen (2000). «La Dictadura de Primo de Rivera: una propuesta de análisis». Anales de Historia Contemporánea (16): 337-408. ISSN 0212-6559. López Martínez, Mario (1996). «El Partido Republicano Radical: las “clases de servicio” de la burguesía agraria. Granada, 1931-1936». Revista de Historia Contemporánea (Sevilla) (7): 361-380. Pizarroso Quintero, Alejandro (xuño de 2010). «El periodismo en el primer tercio del siglo XX». extra. Arbor: Ciencia, Pensamiento y Cultura (186): 45-54. ISSN 0210-1963.

Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Xornais de Madrid Categoría:Xornais de España desaparecidos