O Paseo da Ferradura, tamén coñecido como o Paseo dos LeónsMiradoiro do Paseo dos Léons da Alameda , en santiagodecompostela.gal., é unha das tres partes que comprende o Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda o Paseo da Alameda e a Carballeira de Santa Susana.
Historia No ano 1835, o concello de Santiago iniciou a creación do Campo da EstrelaSituado na actual rúa do Campo da Estrela. e mais do Paseo da Ferradura, que une os seus dous extremos rodeando a carballeira de Santa Susana.
Características miniatura|esquerda|Monumento a Rosalía de Castro. miniatura|Un dos dous leóns que gardan a entradada do Paseo dos Leóns. O Paseo da Ferradura é o miradoiro urbano máis coñecido do Parque da Alameda, situado na aba do outeiro de Santa Susana e bordeándoa no treito da entrada do paseo, cunha vista frontal da Catedral sobresaíndo entre a masa de edificios históricos, entre eles a fachada posterior do Pazo de Raxoi, polo que é a postal máis retratada.Paseo de Ferradura, ou dos Leóns en Turismo de Santiago .
Outro miradoiro importante é o que permite ver o monte Pedroso, a Residencia e os arredores do sur de Santiago. Neste lugar atópanse os xardíns da Ferradura e o monumento a Rosalía de Castro.Parque de la Alameda en Turismo de Santiago .Localización dos xardíns da Ferradura en Google maps
O Paseo da Ferradura foi cualificado por Otero Pedrayo como "o parque e paseo máis nobre de España".Alameda de Santiago de Compostela en SEC (Sociedad Española de la Camelia .
Notas
Véxase tamén Outros artigos Parque da Alameda de Santiago de Compostela Paseo da Alameda
Ligazóns externas Adela Leiro, Mon Daporta: ALAMEDA, CAMPUS SUR, CARBALLEIRA DE SAN LOURENZO . Xurde Morán: ALAMEDA, EL PASEO DA FERRADURA Y CARBALLEIRA DE SANTA SUSANA, COPATRONA DE LA CIUDAD DEL APÓSTOL: ESPLENDOR VERDE DE SANTIAGO .
Categoría:Parques de Santiago de Compostela