Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña é unha peza teatral escrita en 1707 por Salvador Francisco Roel.
Características miniatura|Ramón Mariño Paz, Julio González Montañés e Anxo Angueira na presentación da edición en lingua galega. A peza representouse na Coruña en 1707. O entremés está enmarcado na Guerra de Sucesión española para celebrar o nacemento do primoxénito de Filipe V e María Gabriela de Savoia que reinaría brevemente como Lois I. É unha obra de teatro breve en verso na que participan seis personaxes populares: tres homes e tres mulleres. Estes reciben a nova, que despois celebran, do nacemento do príncipe herdeiro de Filipe V no contexto histórico da Guerra de Sucesión.
Edicións
Imprimiuse en Santiago de Compostela entre 1708 e 1712, co título en lingua castelá de Entremés al feliz y real parto de nuestra Reyna. É o texto máis antigo impreso en lingua galega publicado como obra independente. Foi descuberto por Julio González Montañés e editado, lematizado e etiquetado por Rosario Álvarez e Ernesto González Seoane. En 2019 Laiovento editou o Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña con estudos de Julio González Montañés (edición), Anxo Angueira (literario) e Ramón Mariño Paz (lingua).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Obras de teatro en galego Categoría:Obras literarias de 1707