Bertil Roos, nado en Gotemburgo o 12 de outubro de 1943 e finado en East Stroudsburg (Pensilvania) o 31 de marzo de 2016 foi un piloto de automobilismo sueco. Participou nun único Gran Premio de Fórmula Un, o Gran Premio de Suecia de 1974, do que se retirou por unha falla na transmisión.

Traxectoria A pesar de gozar da promesa precoz de gañar o título da Fórmula Super Vee en 1973 e tamén da Fórmula 2 en Europa e na Fórmula Atlántica no Canadá, Roos recibiu unha sóa oportunidade na Fórmula Un. El e o seu equipo, Shadow, non saíron particularmente ben e, finalmente, o equipo optou por traballar con Tom Pryce. Roos volveu aos Estados Unidos e o Canadá, onde continuou correndo.

Foi o primeiro instrutor de pilotaxe da escola de carreiras de Fred Opert en Pensilvania, preto do Pocono Raceway. Unha empresa que comprou máis tarde. A escola está acreditada pola [SCCA] para poder recomendar aos graduados licenzas de carreira a nivel rexional e nacional.

Aínda correndo na década de 1980, Roos foi dúas veces campión da Can-Am na categoría de 2 litros.

Roos morreu no Centro Médico Pocono, East Stroudsburg, Pensilvania, o 31 de marzo de 2016.

Rexistro de carreiras SCCA National Championship Runoffs

Ano Circuíto Coche Motor Clase Final Saída Status 1987 Road Atlanta Martini Mk. 47 Formula Atlantic 13 4 Ret

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Puntos UOP Shadow Racing Team Shadow DN3 Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA NC 0

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Obituary

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Gotemburgo Categoría:Finados en 2016 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Suecia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Shadow Categoría:Personalidades sen imaxes