Amancio Jaime Prada Losada, nado en Vilamartín de Valdeorras o 26 de setembro de 1891 e finado en Madrid o 14 de outubro de 1966, foi un debuxante galego. Traxectoria

De familia fidalga, estudou Dereito e Medicina na Universidade de Santiago mais sen chegar a rematalas. Foi profesor de debuxo no instituto de Ferrol e xuíz de paz no seu concello natalÁngel Fernández Fernández Xaime Prada. O Castelao de Valdeorras, Valnatura nº 19 (2013). Por volta de 1920 residiu un tempo en Madrid e París estudando pintura. Fíxose coñecido polos seus debuxos coa revista Vida Gallega entre 1919 e 1934, en especial polas súas portadas. Debuxos seus apareceron tamén en La Esfera, Buen Humor, Céltiga, La Zarpa ou Nós. En 1927 a editorial Nós publicoulle o álbum Grabados en linoleum. Viviu en Burgos dende 1922 e ao longo dunha décadaXavier Castro Rodríguez "Recantos de Burgos nos debuxos de Xaime Prada" Galicia Hoxe, 2 de xuño de 2007 e alí colaborou coa revista Parábola e publicou o álbum Cartones de Burgos en 1930. Ligado ás Irmandades da Fala e á xeración Nós, a partir de 1933 mudou ideoloxicamente e entrou a militar nas JONS, foi o seu xefe en Valdeorras e integrou o triunvirato provincialFernando Meleiro (1957) Anecdotario de la Falange de Orense. Madrid: Ediciones del Movimiento, p. 59. Foi brevemente xefe provincial da Falanxe antes de se establecer definitivamente en Madrid en 1935.

Notas

Categoría:Nados en 1891 Categoría:Nados en Vilamartín de Valdeorras Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Falanxistas Categoría:Finados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela