Serj Adam Tankian (en ), nado en Beirut (Líbano) o 21 de agosto de 1967, é un cantante de rock de orixe armenio-estadounidense. Serj figura no posto 26 na lista dos "100 mellores vocalistas do Metal de tódolos tempos", segundo a revista estadounidense Hit Parader.

Traxectoria Os seus avós eran armenios. A raíz do xenocidio armenio levado a cabo por Turquía en 1915 a súa avóa foi asasinada e o seu avó tivo que refuxiarse no Líbano. Os pais de Tankian eran artistas, el comezou a cantar co seu pai e o seu irmán Sevag. Dende neno o seu avó contáballe as inhumanidades que se cometeron no seu país e que terminaron coa vida de moitas persoas inocentes ademais dos seus parentes, quen nunca esquecerán o feito atroz que trocou para sempre as súas vidas. É por iso que Tankian dende sempre recalcou nese tema e loitou para que Turquía recoñeza e pida desculpas pola matanza.

Ós 8 anos Tankian viaxou coa súa familia a Estados Unidos debido a problemas no Líbano e á situación económica. Tankian comezou a estudar nunha escola privada armenia chamada Rose & Alex Pilibos Armenian School, nos Ánxeles. Foi alí onde coñeceu ó seu amigo Daron Malakian quen tampouco pasaba por un bo momento. Pasou o tempo e Tankian comezou a traballar nun lavado de automóbiles. Logo entrou á Universidade de Northridge (California) onde estudou comercio, artes visuais e música. Tankian toca teclados e ás veces guitarra. Tomou cursos de canto con Mark Goodman.

Co paso dos anos Tankian e Malakian atopáronse nunhas salas de ensaio onde se uniron e formaron un grupo musical chamado Soil. Logo reuníronse con outros dous músicos, chamados Shavo e John, con quen formaron o grupo System of a Down (debido a un poema feito por Malakian chamado Victims of a Down en honra ás vítimas do xenocidio armenio).

Serj pode ser considerado unha persoa de extrema capacidade mental e visual, sendo un activista/poeta/letrista/músico moi activo. Ademais do seu traballo en System of a Down, Tankian comezou tamén o seu propio selo discográfico en abril do 2001, chamado Serjical Strike, nun esforzo de ceibar outro tipo de música esquecida pola corrente dominante. A primeira actuación neste selo foi un proxecto de música experimental co seu amigo e músico Arto Tuncboyaciyan chamado Serart. Recentemente creou, xunto con Tom Morello de Audioslave, un programa de radio e unha organización activista independente, chamada Axis of Justice. Escribiu un libro de poesías chamado "Cool Gardens", que foi publicado por MTV Books.

En solitario Para o 23 de outubro de 2007 sacou o seu primeiro álbum en solitario, Elect the Dead, do cal xa se pode escoitar os seus singles, "The Unthinking Majority", "Empty Walls", e "Saving Us".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio Oficial de System of a Down Sitio Oficial de Serj Tankian Sitio Oficial de Serjical Strike Records

Categoría:Vocalistas Categoría:Membros de System of a Down Categoría:Nados en Beirut Categoría:Nados en 1967