Azur Air, anteriormente Katekavia, é unha aeroliña chárter e antiga aeroliña rexional rusa. Inicialmente estivo baseada no aeroporto de Krasnoyarsk Cheremshanka, o aeroporto doméstico que serve á cidade de Krasnoyarsk, e todos os seus destinos atopábanse dentro do krai de Krasnoyarsk. No presente serve principalmente destinos de vacacións dende Moscova-Domodedovo, ademais dalgúns domésticos.

Historia A aeroliña iniciou as súas operacións en 1995 realizando voos rexionais dende os aeroportos de Krasnoyarsk Cheremshanka e de Krasnoyarsk-Yemelyanovo. A compañía tamén operaba servizos chárter cara Siberia e Iacutia.

NO ano 2010 transportou a uns 122 000 pasaxeiros, e no ano 2010 comezou a mercar avións máis grandes, principalmente Tupolev Tu-134. En abril de 2014 a aeroliña tiña tres avións deste tipo na súa frota. Nese mesmo mes a aeroliña comezou a operar voos regulares entre Krasnoyarsk-Yemelyanovo e as cidades siberianas de Surgut e Tomsk.

En 2015 Katekavia foi rebautizada como Azur Air e converteuse nunha aeroliña de vacacións. No mes de decembro confirmouse que o seu antigo propietario, UTair Aviation, vendera Azur Air á compañía turística turca Anex Tourism Group, que tamén marcara Azur Air Ukraine, a antiga UTair-Ukraine, unhas semanas antes.

En febreiro de 2018 a autoridade rusa de aviación civil, Rosaviatsia, anunciou que Azur Air enfrontábase a unha suspensión da súa licenza operacional o 20 de marzo se a aeroliña non solucionaba algunhas presuntas violacións de seguridade. Debido a isto a axencia de turismo rusa Rozturizm advertíu aos turoperadores que non vendesen billetes da aeroliña.

Frota thumb|Boeing 757-200 En abril de 2018 a frota de Azur Air estaba formada polos seguintes avións: + Frota de Azur AirAviónIn ServicePadidosPasaxeirosNotasBoeing 737-800 6—189Boeing 757-200 8—238Boeing 767-300ER 7—336 Total21

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Rusia