thumb|250px|Un Antares antes dun voo de probas. Antares (antes coñecido como Taurus II) é o nome dunha serie de foguetes espaciais construídos por Orbital ATK.
Características Os foguetes Antares son foguetes de capacidade media, capaces de poñer en órbita baixa terrestre ata 6 toneladas de carga. Os Antares complementan aos foguetes lixeiros Pegasus e Minotaur (Minotaur 1, Minotaur 2 e Minotaur 4) de Orbital ATK, adicados ao lanzamento de pequenas cargas a órbita.
A familia está formada por catro variantes cunha primeira etapa común fabricada pola empresa ucraína Yuzhnoe, propulsada ata o 2014 por dous motores AJ26-62, denominación americana dos motores soviéticos NK-33. Despois da explosión dun Antares-130 en outubro de 2014 debido a estes motores, Orbital decidiu a súa substitución por motores rusos RD-181. A segunda etapa pode ser unha Castor-30A para o Antares-110, unha Castor-30B para o Antares-120 ou unha Castor-30XL para os Antares-130 e Antares-230. Como terceira etapa opcional pode usarse unha BTS ou unha máis potente Star-48BV. Os Antares lánzanse desde a Wallops Flight Facility, na illa Wallops.
A codificación do nome dos foguetes segue o seguinte criterio:
O primeiro díxito describe a primeira etapa: 1 para as primeiras etapas propulsadas polos AJ26-62 (en desuso) e 2 para as propulsadas por RD-181. O segundo díxito describe a segunda etapa: 1 para os Castor-30A, 2 para os Castor-30B e 3 para os Castor-30XL. O terceiro díxito describe a terceira etapa: 0 cando non se usa terceira etapa, 1 para a BTS e 3 para a Star-48BV.
Ata agora voaron catro variantes: Antares-110, Antares-120, Antares-130 e Antares-230
Historial de lanzamentos
VooDataRampla de lanzamentoCargaResultadoNotas121 de abril de 2013Wallops Flight FacilitySimulador de masa / Dove 1 / PhoneSat v1a / PhoneSat v1b / PhoneSat v2aÉxitoPrimeiro voo dun Antares. Variante Antares-110.218 de setembro de 2013Wallops Flight FacilityCygnus D1Éxito.Variante Antares-110.39 de xaneiro de 2014Wallops Flight FacilityCygnus CRS-1 e varios microsatélites.Éxito.Variante Antares-120.413 de xullo de 2014Wallops Flight FacilityCygnus CRS-2 e varios microsatélites.Éxito.Variante Antares-110.528 de outubro de 2014Wallops Flight FacilityCygnus CRS-3 e varios microsatélites.Fallo.Variante Antares-130. Explosión dos motores.618 de outubro de 2016Wallops Flight FacilityCygnus CRS-5 e varios microsatélites.ÉxitoVariante Antares-230.712 de novembro de 2017Wallops Flight FacilityCygnus CRS-8 e varios microsatélites.ÉxitoVariante Antares-230.821 de maio de 2018Wallops Flight FacilityCygnus CRS-9 e varios microsatélites.ÉxitoVariante Antares-230.917 de novembro de 2018Wallops Flight FacilityCygnus CRS-10 / CHEFsat 2 / KickSat 2 / MYSAT 1ÉxitoVariante Antares-230.1011 de abril de 2019Wallops Flight FacilityCygnus CRS-11 / VCC A, B, C / Światowid / KrakSat / Bird JPN, LKA, NPL / EntrySat / IOD-GEMS / AeroCube 10A / AeroCube 10B / SASSI2 / Seeker / ThinSat 1A a 1LÉxitoVariante Antares-230.112 de novembro de 2019Wallops Flight FacilityCygnus CRS-12 / STPSat 4 / HARP / Phoenix / RadSat-u / SOCRATES / MVP-Argus / HuskySat 1 / SwampSat 2 / AeroCube 14A, 14B / AeroCube 15A, 15B / Orbital Factory 2ÉxitoVariante Antares-230+.1215 de febreiro de 2020Wallops Flight FacilityCygnus CRS-13 / Red-Eye 2 / Red-Eye 3 / DeMI / TechEdSat 10ÉxitoVariante Antares-230+.133 de outubro de 2020Wallops Flight FacilityCygnus CRS-14 / Bobcat 1 / NEUTRON 1 / RamSatÉxitoVariante Antares-230+.1420 de febreiro de 2021Wallops Flight FacilityCygnus CRS-15 / Gunsmoke-J 2 / IT-SPINS / DhabiSat / ThinSat 2A a 2IÉxitoVariante Antares-230+.1510 de agosto de 2021Wallops Flight FacilityCygnus CRS-16 / PIRPLÉxitoVariante Antares-230+.1619 de febreiro de 2022Wallops Flight FacilityCygnus CRS-17 / KITSUNE / NACHOS / PearlAfricaSat 1 / Taka / ZimSat 1 / TUMnanoSATÉxitoVariante Antares-230+.177 de novembro de 2022Wallops Flight FacilityCygnus CRS-18 / Taka / PearlAfricaSat 1 / ZimSat 1 / SpaceTuna 1ÉxitoVariante Antares-230+.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wallops Flight Facility Minotaur 1 Minotaur 2 Minotaur 4 Pegasus (foguete)
Ligazóns externas Páxina de Antares en Orbital ATK
Categoría:Foguetes espaciais