Rose Diane Ladner, nada en Meridian (Mississippi) o 29 de novembro de 1935Ano de nacemento segundo California Divorce Index, 1966–1984. Center for Health Statistics, California Department of Health Services, Sacramento, California at Ancestry.com é unha actriz, directora, produtora e escritora estadounidense, coñecida como Diane Ladd, que apareceu en máis de 120 filmes e series de televisión. Polo filme de 1974 Alicia xa non vive aquí gañou un premio BAFTA á mellor actriz secundaria e foi candidata ao Óscar. Gañou o Globo de Ouro á mellor actriz de televisión por Alice (1980–81). É a nai da actriz Laura Dern, co seu exmarido Bruce Dern.

Traxectoria Ladd naceu en Meridian, Mississippi, filla única de Mary Bernadette (de solteira Anderson; 1912–2002), ama de casa e actriz, e Preston Paul Ladner (1905–1982), veterinario que vendía produtos para o gando.Diane Ladd Yahoo! Movies bio . Movies.yahoo.com; consultado o 31 de xullo de 2011.05-31-02obituaries . Ojaivalleynews.com; consultado o 31 de xullo de 2011.Profile , lifeafter50.coml consultado o 9 de maio de 2014. Ladd está emparentada como dramaturgo Tennessee Williams''St. Louis Post-Dispatch'' archives . Nl.newsbank.com (19 de febreiro de 1993); consultado o 31 de xullo de 2011. e o poeta Sidney Lanier.RIDING THE CREST OF TWO WIDELY PRAISED PERFORM . Press-Telegram (Long Beach, CA). 20 de setembro de 1991. Ladd foi criada no catolicismo, fe da súa nai., pbs.org, 10 de xullo de 2006.Hoge, Warren. (23 de setembro de 1976) "Diane Ladd Savors 'Top of World'", Select.nytimes.com; consultado o 31 de xullo de 2011.

Ladd estivo casada co actor Bruce Dern entre 1960 e 1969, co que tivo dúas fillas, Diane Elizabeth Dern, que faleceu aos dezasete meses, e a actriz Laura Dern. Ladd e Laura Dern coprotagonizaron os filmes Wild at Heart, Rambling Rose e Inland Empire, e a serie de HBO Enlightened.

En 1971, Ladd uniuse ao elenco da telenovela da CBS The Secret Storm, sendo a segunda actriz que interpretou o papel de Kitty Styles. Despois conseguiu un papel secundario no filme de Roman Polanski Chinatown, e foi candidata ao Óscar polo seu papel como Flo no filme Alicia xa non vive aquí.

Filmografía

Murder, Inc. (1960) como Showgirl (sen acreditar) Something Wild (1961) como Bit Part (sen acreditar) 40 Pounds of Trouble (1962) como noiva na lúa de mel (sen acreditar) Os anxos do inferno (1966) como Gaysh The Big Valley "Boy into Man" (1967) como nai de Lud The Reivers (1969) como Phoebe The Rebel Rousers (1970) como Karen Macho Callahan (1970) como Girl WUSA (1970) como camareira na estación (sen acreditar) The Steagle (1971) como Mrs. Forbes White Lightning (1973) como Maggie Chinatown (1974) como Ida Sessions Alicia xa non vive aquí (1974) como Flo Embryo (1976) como Martha Douglas All Night Long (1981) como Helen Dupler Grace Kelly (1983, telefilme) como Margaret Kelly Something Wicked This Way Comes (1983) como Mrs. Nightshade Sweetwater (1983) como Lucy Faerie Tale Theatre (1983, serie de televisión) como Mother I Married a Centerfold (1984, telefilme) como Jeanette Bryan Black Widow (1987) como Etta Plain Clothes (1987) como Jane Melway National Lampoon's Christmas Vacation (1989) como Nora Wild at Heart (1990) como Marietta Fortune A Kiss Before Dying (1991) como Mrs. Corliss Rambling Rose (1991) como Mother Hold Me, Thrill Me, Kiss Me (1992) como Lucille Forever (1992) como Mabel Normand Spies Inc. (1992) como Alice The Cemetery Club (1993) como Lucille Rubin Carnosaur (1993) como Dr. Jane Tiptree Father Hood (1993) como Rita The Gift (1994) (TV Short) Mother (1995) como Olivia Hendrix Mrs. Munck (1995) como Mrs. Munck Raging Angels (1995) como Sister Kate Citizen Ruth (1996) como Ruth's Mother (sen acreditar) The Siege at Ruby Ridge (1996, telefilme) como Irma Coulter Cold Lazarus (1996, miniserie) como Martina Masdon Ghosts of Mississippi (1996) como Grandma Caroline Moore James Dean: Race with Destiny (1997) como Mama Pierangeli Primary Colors (1998) como Mamma Stanton Route 66 (1998) Can't Be Heaven (1999) como Nona Gina 28 Days (2000) como Bobbie Jean The Law of Enclosures (2000) como Bea Daddy and Them (2001) como Jewel Rain (2001) como Audrey Turnquick Redemption of the Ghost (2002) como Aunt Helen More than Puppy Love (2002) como Aunt Edna Damaged Care (2002, telefilme) como Mary 'Rhodie' Rhodes The Virgin (2002) Charlie's War (2003) como Jobie Gracie's Choice (2004, telefilme) como Louela Lawson The World's Fastest Indian (2005) como Ada Come Early Morning (2006) como Nana When I Find the Ocean (2006) como Edna Inland Empire (2006) como Marilyn Levens Jake's Corner (2008) como Fran American Cowslip (2008) como Roe Grave Secrets (2013) como Emily Barnes Just Before I Go (2014) como Mamma (sen acreditar) I Dream Too Much (2015) como Vera Joy (2015) como Mimi Sophie and the Rising Sun (2016) como Ruth Jeffers Amerigeddon (2016) como Betty Boonville Redemption (2016) como Grandma Mary Chesapeake Shores (2016-2017, serie de televisión) como Nell O'Brien

Premios e candidaturas AnoObraPremioResultado1974Alicia xa non vive aquíGlobo de Ouro á mellor actriz secundariaÓscar á mellor actriz secundaria1975BAFTA á mellor actriz secundaria1980AliceGlobo de Ouro á mellor actriz secundaria de televisión1990Wild at HeartGlobo de Ouro á mellor actriz secundariaÓscar á mellor actriz secundaria1991Rambling Rose Globo de Ouro á mellor actriz secundariaÓscar á mellor actriz secundaria1993Dr. Quinn: Medicine WomanPrimetime Emmy Award á mellor actriz invitada en serie de drama1994Grace Under FirePrimetime Emmy Award á mellor actriz invitada en serie de comedia1997Touched by an AngelPrimetime Emmy Award á mellor actriz invitada en serie de drama

Paseo da fama de Hollywood O 1 de novembro de 2010 Ladd, Laura Dern e Bruce Dern recibiron estrelas contiguas no Paseo da fama de Hollywood. Foi a primeira familia en recibir esta consideración. A estrela de Ladd e a 2421.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en Allmovie.com; consultado o 9 de maio de 2014. Biografía (con ano de nacemento erróneo) , alicehyatt.com; consultado o 9 de maio de 2014.

Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Mississippi Categoría:Nados en Mississippi Categoría:Nados en 1935