Iria Veiga Ramos, nada en Ferrol en 1981, é unha médica psiquiatra interesada na divulgación científica e na lingua galega. É creadora do programa de directos en galego de Balea Vermella xunto con Javier Balea. Traxectoria É médica psiquiatra no Hospital do Barbanza. Mantén o blog O outro lado do espello e participa nas iniciativas divulgadoras Escépticos no Pub e Pint of Science. En 2017 gañou o Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo co artigo Inchazón. En 2018 participou no LGx15 coa intervención Síndrome do Noroeste e en Malas linguas da Deputación da Coruña. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Artigos en Praza Pública Síndrome do Noroeste O outro lado do espello Intervención en LGx15
Categoría:Activistas pola normalización lingüística do galego Categoría:Médicos de Ferrol Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela